Archivo (2 del 2019)

Buscador

Noticias

Situada na rúa coruñesa Rego de Auga, a poucos pasos de onde naceran a Real Academia Galega e as Irmandades da Fala, eríxese o histórico edificio de 1863 que alberga o novo e meirande proxecto da poeta e xestora cultural Yolanda Castaño. Logo de 25 anos dedicados á creación, divulgación e xestión cultural no eido da poesía, Castaño afronta na súa iniciativa máis ambiciosa, que promove a produción de escrita creativa e a internacionalización da literatura galega.
A quinta edición da Ourense ICC Week, a Semana das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense, estrea unha nova vertente creativa, a moda. E faino da man de tres importantes profesionais do sector: Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García e Adriana Domínguez. A xornada inaugural da semana creativa correrá a cargo destas mulleres, que representan marcas de prestixio internacional.
A III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro, abrirá as súas portas dende mañá ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA coa presenza de 544 firmas expositoras de 32 países, dos cales 188 son expositores directos e 356 son marcas representadas. En canto ás firmas expositoras, supoñen un 39% máis que en 2017, cando foran 392, e son dun 33% máis de países.
As razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción conseguiron aumentar os seus censos entre un 1,4% e un 25,4% no último ano, segundo fontes consultadas pola III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019. Así, as cinco razas bovinas rexistraron en conxunto un aumento de 164 animais, pasando de 11.274 exemplares en 2017 a 11.438 ao remate de 2018, un 1,4% máis.
Continúa a Tempada de Música Clásica de Afundación, organizada en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo, no Teatro Afundación de Vigo. O seguinte concerto será o 27 de febreiro cun concerto da Real Filharmonía de Vigo baixo a batuta de Jonathan Webb no que se estreará unha obra, Macaréu, encargada pola agrupación a Adrián Saavedra. Tamén interpretarán a Sinfonía nº 6 en re menor, op. 104, (Sibelius), e a Sinfonía nº 5 en re maior (Vaughan Williams).
O presidente da Deputación de Ourense asinou hoxe co alcalde de Xinzo de Limia o convenio por medio do cal a Deputación asume a xestión do Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo de Limia, o que permitirá que este espazo expositivo abra as súas portas de maneira regular "poñendo a disposición do público, coa colaboración do Concello de Xinzo e da asociación "A Pantalla", un espazo expositivo único en Galicia que amosa a riqueza do carnaval".
O período expositivo de «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» producida por Afundación, a Obra Social de ABANCA, chega ao seu fin e faio cun concerto a cargo de Maria do Ceo, quen presentará o seu novo disco, A fadista. O recital será o vindeiro 1 de marzo, a partir das 19.00 h na Sala de exposicións da Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8), e as entradas xa se esgotaron.
A sexta edición da aceleradora ViaGalicia vén de convocarse coa apertura do prazo de inscrición dos proxectos. Os emprendedores interesados en participar nesta iniciativa, que impulsan a Xunta e a Zona Franca de Vigo, poden presentar a súa solicitude desde hoxe e ata o próximo 1 de abril. Nesta edición valoraranse os plans de negocio que demostren maior fortaleza no seu sector e maior capacidade para xerar emprego e riqueza no territorio galego
A Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza estreita por quinto ano consecutivo os vínculos entre as dúas bandas do Miño para homenaxear a Rosalía de Castro cun amplo programa de actividades que ofrece exposicións, música, cinema, poesía, tertulias e teatro nas localidades de Braga (Portugal), Padrón e Santiago de Compostela, promovido pola formación Canto D'Aqui e polo Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade do Minho.
O vindeiro sábado 23 de febreiro Teatro do Noroeste presenta no Teatro Rosalía Castro da Coruña a súa última montaxe 'Da avaricia, a luxuria e a morte', baseada nos textos de Valle-Inclán: ‘Ligazón’, ‘A cabeza do Bautista’ e ‘A rosa de papel’. Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Inma António e Miguel Pernas protagonizan a montaxe baixo a dirección de Eduardo Alonso.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (114)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES