Archivo (2 del 2019)

Buscador

Noticias

‘Escenas do cambio’, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, sube mañá xoves ao escenario a adolescentes galegos non actores para que vertan en ‘Gatillo da felicidade’ as súas inquietudes, incertezas e conflitos vitais, baixo a análise e pescuda común entre todos eles sobre a súa perspectiva da quimérica felicidade na sociedade actual.
Ecoembes, entidade sen ánimo de lucro, e a Xunta de Galicia, destinarán un orzamento de case 1,5 millóns de euros ao Plan Galicia Recicla, unha iniciativa coa que se persegue mellorar as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e papel cartón. As distintas iniciativas que se levarán a cabo ao longo do presente ano para mellorar as cifras actuais de reciclaxe resúmense nun incremento dun 11,4% máis de papel-cartón e nun 9,8%, de envases lixeiros respecto a 2017.
Pablo Milanés, Bustamante, Antonio Orozco ou Coti, no panorama musical, así coma o monologuista Enrique San Francisco, son algúns dos nomes que pasarán, durante o primeiro semestre do ano, polo Auditorio de Ourense. A presentación da oferta cultural deste espazo, un dos máis activos e dinamizadores da vida cultural desta cidade, contempla actividades para todos os públicos.
Regresa á cidade da Coruña o espectáculo ​The Hole​. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento deu a coñecer que o Coliseum acollerá do 28 de febreiro e até o 3 de marzo diversas representacións de The Hole Zero, Nesta ocasión, a acción sitúase nos anos 70 e 80, concretamente, na noite de Fin de Ano de 1979. Será un evento de cabaré, música, circo e humor moi diferente ás anteriores presentacións da saga na cidade.
Presentouse na sede do CIAE 112 Galicia o novo proxecto didáctico cos Bolechas como protagonistas que formará aos máis pequenos no correcto uso do teléfono 112 de atención ás emerxencias. Os Bolechas explicáronlles aos escolares galegos que participaron no acto a necesidade de coñecer o teléfono pero tamén en que circunstancias pode, e debe, utilizarse.
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza a terceira edición de #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes sesións formativas destinadas ás empresas, emprendedores e autónomos e dedicadas a un tema concreto. En marzo, #MesD centrarase nas redes sociais con catro seminarios sobre Instagram, LinkedIn, Facebook e Twitter.
En 1993 o Camiño de Santiago foi declarado Patrimonio da Humanidade e nestes 25 anos cambiaron moitas cousas e non todas para ben. O mellor valor da cidade é unha imaxe de marca internacional baseada no patrimonio, material e intanxible, excepcional de Santiago. O seu éxito cambiou e cambiará aínda máis a cidade e as súas xentes, xerándolles problemas debidos á presión do turismo de masas e a que os veciños se ven desbotados destas tendencias.
Como cada ano, a Universidade de Santiago conmemora este luns 11 o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, proclamado en 2015 pola ONU co propósito de acadar o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, o seu empoderamento e avanzar na igualdade de xénero. Entre as actividades previstas, o Campus de Lugo acollerá as xornadas de debate ‘Mulleres, ciencia e tecnoloxía’.
O cuarteto de Austria Vienna Clarinet Connection será o encargado de pechar a XII edición do Festival Internacional de Música de Ourense "Pórtico do Paraíso" e compartirá cartel con outras agrupacións procedentes de Galicia, España, Italia, Suíza e Reino Unido, convertendo do 15 ao 24 de marzo a provincia de Ourense na capital da música clásica de Galicia con carácter internacional. Este evento cultural foi presentado no Pazo Provincial da Deputación de Ourense.
Prsentouse en Santiago de Compostela a nova aceleradora Business Factory Auto (BFAero), o programa de apoio ao emprendemento innovador neste sector que prevé o maior investimento en Europa. Búscase completar a cadea de valor do sector en Galicia, gañar tamaño e continuar posicionando a Comunidade no escenario internacional cun sector de alto compoñente tecnolóxico e gran potencial de futuro.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (129)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES