
A primeira sesión que impartirá o 6 de marzo a axencia de marketing Roi Scroll, estará dedicada a Instagram, unha ferramenta que foi gañando relevancia nos últimos tempos e que se converteu en decisiva para impulsar pequenos e grandes negocios. Está destinado a xerentes, responsables ou persoal técnico das áreas de comunicación ou marketing das empresas de calquera sector.
O segundo seminario, centrado en LinkedIn, chegará o 13 de marzo da man de Alberte Cea, e nel trataranse as posibilidades desta rede como ferramenta de employer branding. O obxectivo é que as empresas tomen conciencia da necesidade de contar cunha imaxe de marca empregadora para atraer os mellores profesionais. A actividade está destinada a pemes, persoas con proxectos de emprendemento, xestores de marca, responsables de selección ou de RR. HH. e público en xeral.
O 20 de marzo chegará a quenda de Facebook, do que falará Arancha Vilas, experta en comunicación, co obxectivo de levar o coñecemento desta rede social a unha escala máis profesional e promover a reflexión sobre a conveniencia de estar presente nela e que maneira. O seminario está pensado, principalmente, para responsables de departamentos de comunicación; persoas que queren aprender a abordar a comunicación en liña; e persoas que precisen descubrir Facebook desde a perspectiva máis profesional.
Por último, pechará este #MesD o dÃa 27 de marzo unha sesión dedicada a Twitter como ferramenta de comunicación profesional, a cargo de Christian Delgado, quen dará a coñecer as opcións e as caracterÃsticas pouco coñecidas desta rede e que poden ser de interese para o seu uso profesional. Este seminario está dirixido a persoas interesadas en que a súa organización conte cunha presenza activa en Twitter desde un punto de vista profesional.
Para participar nestas actividades cómpre inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.es/) ou a través da súa aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS. A inscrición é de balde ata que se cubran todas as prazas.
Programa #MesD
O programa #MesD é unha iniciativa impulsada desde o CDTIC que consiste nun ciclo de sesións formativas sobre un tema concreto concentradas ao longo dun mes e cunha duración aproximada de dúas horas.
Ata o momento organizáronse dúas edicións do programa. A primeira delas, celebrada no mes de marzo de 2018, dedicouse ao marketing dixital, e a segunda, no mes de xuño do mesmo ano, ao comercio electrónico.
Centro Demostrador TIC
O CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. AsÃ, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxÃas.
Durante seis dÃas do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da rÃa de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.
A programación de actividades comprende neste caso a Cidade da Cultura, o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Museo das Peregrinacións e de Santiago, en Santiago de Compostela; o Museo de Belas Artes, na Coruña; a Fundación Pública Camilo José Cela, no concello coruñés de Padrón; o Museo do Mar de Galicia, en Vigo; o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, na cidade das burgas; o Museo Etnolóxico e o Museo do Viño, no municipio ourensán de Ribadavia, e o Museo do Castro de Viladonga, na localidade lucense de Castro de Rei, que tamén xestiona o Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro.