
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, animou esta mañá en Santiago a emprendedores e startups a sumarse ao polo aeroespacial de Galicia participando na nova aceleradora Business Factory Auto (BFAero), o programa de apoio ao emprendemento innovador neste sector que prevé o maior investimento en Europa. Argerey destacou que deste xeito se busca completar a cadea de valor do sector en Galicia, gañar tamaño e continuar posicionando a Comunidade no escenario internacional cun sector de alto compoñente tecnolóxico e gran potencial de futuro.
Na xornada de presentación desta aceleradora celebrada en Santiago, na que participaron arredor de 70 representantes de empresas, universidades, centros de coñecemento e outras entidades, informouse de que se poden presentar proxectos ata o 28 de febreiro. A BFAero inclúe dous itinerarios: un de incubación e outro de aceleración, para os que se dispón de tres prazas en cada un.
A convocatoria está dirixida a todo o ecosistema de innovación a nivel internacional -universidades, centros tecnolóxicos, empresas e emprendedores- e está dotada cun orzamento público-privado de 4,75 millóns de euros, coa previsión de apoiar a través de tres convocatorias 19 proxectos e empresas que xeren máis de 60 empregos directos en Galicia.
A aceleradora, que se enmarca na Civil UAVs Initiative, está promovida pola Xunta, a través do Igape, Gain e Xesgalicia, polas empresas Indra e Babcock e o centro tecnolóxico da automoción CTAG, xestionada pola Fundación CEL e apoiada por diferentes entidades colaboradoras representadas polo Consorcio Aeronáutico Galego.
Ademais de financiamento, BFAero ofrece acceso a infraestruturas especializadas, asesoramento individualizado con mentores profesionais activos do sector, asesoramento tecnolóxico e acceso a potenciais clientes de ámbito internacional.
As áreas temáticas prioritarias, nas que Galicia posúe talento investigador, técnico e empresarial, son o deseño e produción de vehÃculos non tripulados, a automatización de operacións de aeronavegabilidade ou de navegabilidade ou a captura, procesamento e explotación de datos, entre outras.
A aceleradora BFAero inscrÃbese no programa de emprendemento innovador do polo aeroespacial de Galicia, que ten por obxectivo fortalecer o apoio ao talento emprendedor impulsando a creación de empresas nun sector de alto valor engadido estratéxico para a Comunidade; baseado no coñecemento e aliñado coa Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3). Dentro deste programa está prevista tamén a creación dun Centro de Emprendemento en Lugo dedicado integramente ao sector aeroespacial, futura sede da Business Factory Aero.
Asà mesmo, vén sumarse ás iniciativas de StartIN Galicia, a rede galega de aceleradora que agrupa toda a oferta de apoios que a ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria pon a disposición das startups para o seu establecemento en Galicia e o fomento do seu fortalecemento e competitividade internacional.
Durante seis dÃas do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da rÃa de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.
A programación de actividades comprende neste caso a Cidade da Cultura, o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Museo das Peregrinacións e de Santiago, en Santiago de Compostela; o Museo de Belas Artes, na Coruña; a Fundación Pública Camilo José Cela, no concello coruñés de Padrón; o Museo do Mar de Galicia, en Vigo; o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, na cidade das burgas; o Museo Etnolóxico e o Museo do Viño, no municipio ourensán de Ribadavia, e o Museo do Castro de Viladonga, na localidade lucense de Castro de Rei, que tamén xestiona o Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro.