Notas de prensa

A USC conmemora o luns o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

Como cada ano, a Universidade de Santiago conmemora este luns 11 o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, proclamado en 2015 pola ONU co propósito de acadar o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, o seu empoderamento e avanzar na igualdade de xénero. Entre as actividades previstas, o Campus de Lugo acollerá as xornadas de debate ‘Mulleres, ciencia e tecnoloxía’.

‘Mulleres, ciencia e tecnoloxía’ é un foro organizado en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero da USC co obxecto de facer visible o cometido desenvolvido por mulleres nos ámbitos científicos e tecnolóxicos.

A sesión, de inscrición gratuíta, estará moderada pola profesora e coordinadora da Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE, Ana Isabel García Arias, e nela intervirán a profesora do Departamento de Química Inorgánica da USC Isabel Fernández García; María José Rodríguez Malmierca, do Centro de Supercomputación de Galicia; Encina Calvo Iglesias, do Departamento de Física Aplicada da USC, e a presidenta da Asociación de Mulleres Investigadores e Tecnólogas de Galicia (Amit Gal), Ana Jesús López Díaz.

Este evento de carácter científico servirá asemade para a presentación dunha nova iniciativa promovida desde a EPS de Enxeñaría do campus de Lugo para favorecer o achegamento das rapazas ás titulacións universitarias de perfil técnico e científico e que se desenvolverá baixo o título ‘ Protagonistas, as enxeñeiras’.

Masterclass ‘Women in science’

Pola súa banda, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) desenvolverá o luns, a partir das 9.30 horas na Facultade de Física, unha actividade que nace da colaboración co Grupo Internacional de Divulgación de Física e o CERN coa fin de achegar ás alumnas de Bacharelato o traballo das investigadoras do instituto.

A xornada ‘Women in science’ contempla unha serie de conferencias introdutorias da Física de Partículas actual ademais dunha práctica por ordenador en grupos con datos reais dun experimento do CERN. Posteriormente, discutiranse os resultados mediante videoconferencia co centro suízo e outros europeos que realicen a xornada simultaneamente.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-02-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES