
Dentro delas a Limiá conta con 1.252 exemplares de 37 explotacións, a Cachena 4.857 animais de 150 explotacións, a Vianesa 2.904 animais de 77 exploracións, a Caldelá 1.510 animais de 48 graxas e a Frieiresa 915 cabezas de 28 ganderÃas.
En canto á Ovella e Cabra Galegas, a primeira creceu nun 8,7%, pasando de 4.433 exemplares a 4.819 pertencentes a 103 explotacións, o que supón sumar 386 animais máis, mentres que a segunda fÃxoo nun 13,4%, incrementando o censo de 1.014 a 1.150, 136 cabras máis. As ganderÃas desta última raza acadan as 58.
A Galiña de Mos tamén segue a medrar tanto nas cifras totais como nos exemplares reprodutores, sendo no caso destes últimos un crecemento dun 1,6%, que supón sumar 108 animais e pasar dos 6.757 aos 6.865, que pertencen a 173 criadores. En canto ao Cabalo Galego é destacable que respecto a hai últimos catro anos hai una redución de case 200 exemplares, debido a que atopa problemas para a recrÃa polos ataques constantes do lobo. Sen embargo, a pesar disto e co esforzo dos gandeiros, a raza conseguiu aumentar neste último ano un 3,7%, o que supón 56 reses máis, ao pasar de 1.483 exemplares en 2017 a 1.539 en 2018.
Por último, o Porco Celta conta no seu censo con 3.321 animais pertencentes a 124 explotacións colaboradoras participantes no programa de conservación da raza, o que supón un aumento dun 25,4% e 673 animais, pois en 2017 eran 2.648.
Unha evolución positiva destas razas no último ano que é froito dos programas que se están a levar a cabo dende a Administración e as entidades que xestionan cada unha das razas, como son a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) e as asociacións integradas nela, Asoporcel (Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta) e Puraga (Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega).
Promoción en Abanca Cimag-GandAgro
A feira Abanca Cimag-GandAgro, que se celebrará no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA do 21 ao 23 de febreiro, converterase durante tres dÃas nun espazo de difusión destas razas autóctonas en perigo de extinción, para o cal conta co apoio da Xunta de Galica e o Feader. AsÃ, estrearán no certame un vistoso stand promocional conxunto con fotografÃas de todas as razas e material informativo.
Ademais, levaranse a cabo algunhas actividades centradas nestas razas que se están a definir.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.