Archivo (11 del 2019)

Buscador

Noticias

A fase final terá lugar os días 21 e 22 de decembro no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda. O obxectivo é configurar un completo fin de semana de competición entre os 16 equipos que se clasifiquen para a fase final. Nos Espazos Xoves de menor poboación (Betanzos, Curtis, Noia, Pontedeume, Vilalba, Viveiro, Chantada e Tui) clasifícase un equipo por zona, mentres que nos catro de maior poboación (Carballo, Ourense, Lalín e Vilagarcía) serán dous.
O discurso expositivo desta mostra, que representa un amplo abanico de temas, técnicas e estilos de Luís Seoane, está dividido en catro grandes bloques temáticos que ocuparon un importante lugar no seu universo iconográfico. O primeiro deles está dedicado á muller galega, o segundo á natureza e á paisaxe, o terceiro á guerra e a denuncia social e o último céntrase nos mitos, tradicións e lendas con referencias a fantasías ou contos populares.
O programa Xuventude Crea ten por finalidade poñer en valor o talento, a creatividade e a innovación da xente nova en 13 especialidades distintas. Estas son: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Fotografía, Graffiti, Música, Poesía, Relato breve, Danza moderna, Videocreación, Teatro, Deseño de xoias e Moda. Os premios en cada unha das categorías son de 3000 euros para o gañador, 1500 euros para o segundo e 1000 euros para o terceiro clasificado.
Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta unha nova proposta musical na súa sede da Coruña. Nesta ocasión os instrumentos de vento serán os protagonistas no ciclo de concertos denominado «Cataventos» no que participarán o cuarteto de trompas Catrocores (5 de decembro), o quinteto Zoar Ensemble (12 de decembro) e o grupo Hércules Brass (19 de decembro).
O compositor chileno Álvaro Núñez Carballunca é o gañador do XIII Premio Andrés Gaos de composición musical, convocado pola Deputación da Coruña, coa súa obra "Vía". O xurado decidiu tamén nomear finalista a obra “Impresiones” presentada polo madrileño Mario Carro Gigosos. Da composición gañadora, da autoría de Álvaro Núñez Carballunca, o xurado destaca que "é unha obra de exquisita factura; unha proposta valente e moi contemporánea que introduce o mundo dos silencios".
As tres universidades públicas de Galicia asinaron na Facultade de Xeografía e Historia da USC unha declaración na que se comprometen coa Axenda 2030 das Nacións Unidas e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Estas metas constitúen o principal marco de resposta colectiva da humanidade aos grandes retos globais definindo as transformacións necesarias para construír comunidades locais e globais con maior cohesión e xustiza social, equidade, benestar e sustentabilidade.
O Sergas incrementará o cadro de persoal dos seus centros de saúde en máis de 300 profesionais, como consecuencia dun dos compromisos adquiridos no marco do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021. Esta medida responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación no ámbito da atención primaria do Sergas, mediante o incremento do número de profesionais dos centros de saúde, de acordo coa súa carteira de servizos.
O Leader ten un orzamento de 84 millóns de euros dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e actualmente arredor do 85% dos seus fondos están xa comprometidos. Estes recursos, xestionados por cada un dos GDR no seu respectivo ámbito xeográfico, serven para dinamizar o territorio e impulsar un desenvolvemento harmónico do noso agro cun enfoque “de abaixo a arriba”.
As catas dan comezo este mércores, no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, sito en Lamas de Abade. Ese día arrancará a XVIII Cata dos Meles de Galicia, mentres que os días 28 e 29 destinaranse á XXII Cata dos Queixos de Galicia. Un labor que levará a cabo un panel de sete expertos, no caso dos meles, e doce no dos queixos, encargados de analizar totalmente a cegas e de forma minuciosa as mostras, para pasar a seleccionar as marcas gañadoras.
O Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo acolleu este luns 25 de novembro o acto de entrega de premios do 2º Certame Imaxes para o Patrimonio de Recollida de Fotografías do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Foi nun evento conducido polo narrador e poeta Lois Pérez, que abriu o acto cun emotivo recordo da súa propia infancia e avoa, ilustrado con imaxes do seu arquivo familiar.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (122)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES