Notas de prensa

Afundación presenta 'Cataventos', un novo ciclo de concertos protagonizado por instrumentos de vento

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta unha nova proposta musical na súa sede da Coruña. Nesta ocasión os instrumentos de vento serán os protagonistas no ciclo de concertos denominado «Cataventos» no que participarán o cuarteto de trompas Catrocores (5 de decembro), o quinteto Zoar Ensemble (12 de decembro) e o grupo Hércules Brass (19 de decembro).

O cuarteto de trompas Catrocores estará o 5 de decembro a partir das 20.00 h. Comezan o seu percorrido en 2016 co obxectivo de achegar a súa música a todo tipo de públicos e dar a coñecer distintos estilos, adaptados ou compostos para elas. Un amplo abanico de posibilidades musicais co que chegaron a múltiples auditorios galegos en Cedeira, O Rosal, Rianxo ou Chantada. Así mesmo, participaron abrindo concertos da Orquestra Gaos no Auditorio Municipal de Ferrol ou no Teatro Rosalía da Coruña.

Conformado por frauta, óboe, clarinete, trompa e fagot, o quinteto Zoar Ensemble caracterízase por posuír un estilo propio, a orixinalidade dos seus proxectos, a colaboración con outros artistas e a realización de proxecto pedagóxicos de calidade coa vontade de achegar a súa actividade a todos os públicos. O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación do patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a explorar máis aló do repertorio tradicional da música para conxuntos de ventos e a incorporar obras de compositores esquecidos, estreas de obras xa escritas pero nunca interpretadas ou gravadas. Ofrecerán o seu recital o xoves 12 de decembro.

Finalmente, pechará este ciclo de concertos o 19 de decembro Hércules Brass, conformado por mozos profesionais de vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente na Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia e na Joven Orquesta Nacional de España. Nos seus comezos, Hércules Brass foi finalista na 8 th International Jan Koetsier Competition for Brass Quintet, semifinalista na 8 th International Chamber Music Competition e obtivo o primeiro premio no IV Concurso de Vent-Metall Valeriano Machi i Esparza. Na súa curta traxectoria xa actuaron en festivais como o 30 aniversario da JONDE, Festival Spanish Brass Alzira 2013 ou o Festival Ticino Música 2013. Recentemente foron protagonistas dunha das emisións de Música Joven en Radio Clásica da RTVE e recibiron o primeiro premio no eMuse Online Music Competition 2014. Desde agosto de 2014 organizan o seu propio festival, Hércules Brass Celanova.

Afundación, 2019-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES