Buscador
Noticias
O primeiro concerto será o 28 de marzo, no Pazo da Ópera da Coruña, e contará coa interpretación da Orquestra Sinfónica de Gotemburgo, dirixida polo venezolano Gustavo Dudamel e con programa de Richard Strauss. Nesta edición homenaxéase aos compositores galegos do século XX Carlos López García-Picos e Xoán Viaño.
Galicia foi distinguida como "rexión da semana" polo comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn, quen adica esta semana un espazo na súa páxina web a analizar o impacto da política rexional europea na comunidade galega.
Turgalicia participa entre o 21 e o 24 de marzo na Moscow International Travel & Tourism no marco da súa estratexia de promoción nos mercados turísticos emerxentes, como no caso de China onde presentou unha oferta de negocios.
Técnicos da Consellería, que realiza o proxecto, viaxan ata o 13 de abril a diferentes concellos galegos para informar aos estudantes dos mesmos sobre as probas de acceso á Universidade e os novos plans de estudo do EEES.
O seminario Lectura fácil nos medios forma parte das actividades recollidas no Plan de acción integral para as persoas con discapacidade, Galicia 2010-2013, que pretende fomentar a construción dunha sociedade inclusiva e integradora.
Será o primeiro e único concerto de Gustavo Dudamel coa Sinfónica de Gotemburgo en Galicia. Un concerto que o día 28 de marzo abre na Coruña o ciclo Galicia Classics. Dudamel dirixe actualmente a Filharmónica dos Ánxeles e a Simón Bolívar de Venezuela.
Os actores Rocío González e Salvador del Río, e os bailaríns Armando Martén e Ana Beatriz Pérez, interpretan esta montaxe, que indaga con ironía e humor no tema do compromiso político e a compra de conciencias e que foi finalista nos premios Max e María Casares 2012.
A Facultade de Ciencias da Comunicación será sede o vindeiro mes de abril do primeiro seminario que se vai celebrar nunha universidade pública galega sobre "Lobbyng e os Public Affairs". Na facultade compostelá reuniranse algúns dos profesionais máis reputados do ámbito dos asuntos públicos.
Thurston Moore, líder de Sonic Youth, actúa o mércores 14 de marzo no centro Ágora da Coruña, dentro do ciclo Galicia Importa. O vocalista, guitarrista, compositor e cofundador da mítica banda norteamericana presenta en directo os temas do seu novo disco en solitario.
Valentín García e o director do semanario asinaron o acordo de colaboración entre a Xunta e a Editorial Compostela, que favorecerá que Galicia conte con esta nova cabeceira. O novo Terras de Santiago enténdese como un impulso ao galego nos medios e terá unha tirada de 30.000 exemplares. O xornal foi creado en 2006 e distribúese gratuitamente en 26 municipios da área de Compostela.