Archivo (3 del 2012)

Buscador

Noticias

Esta nova edición está orientada ao alumnado de secundaria baixo o lema: Aínda non coñeces Sogama? Recíclate e colabora, e visitará case 600 centros para informar da actividade industrial poñendo en valor o residuo.
A Xunta de Galicia estivo presente, a través do conselleiro de Educación e Cultura, no acto de homenaxe e lembranza ao escritor Carlos Casares polo 10º aniversario do seu pasamento no que quedou patente a súa contribución a Galicia.
O operador británico especializado en turismo de xardíns Kirker Holidays e nove xornalistas franceses coñecen a Ruta da camelia de Galicia da man de Turgalicia que os introduce na Mostra da Camelia de Vilagarcía de Arousa.
A nova norma incide na importancia da innovación e da involucración das empresas na economía do coñecemento, así como na optimización das tarefas de transferencia e valorización por parte das universidades e centros de investigación. A nova lei persegue impulsar a I+D+I galega cunha maior colaboración público-privada.
As bases da convocatoria do VIII proxecto didáctico Antonio Fraguas, que establecen unha modalidade para o ensino primario e outra para o ensino secundario, incorporan nesta nova edición a pescuda sobre o patrimonio lingüístico galego como un dos seus obxectivos.
O evento ten lugar no Frankstone Arts Centre de Melbourne durante todo o mes de marzo e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo contribúe cunha exposición fotográfica, un audiovisual e a proxección dunha película divulgativa para nenos do Camiño de Santiago.
A ONCE e a súa Fundación dan emprego directo e indirecto a case 59.000 mulleres. Son as cifras presentadas durante a entrega dunha reprodución do cupón conmemorativo do Día Internacional das Mulleres a cargo do delegado da Once en Galicia á secretaria xeral da Igualdade da Xunta.
O Xacobeo colabora coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago en Madrid e Huesca na promoción e difusión da Ruta Xacobea. O Xacobeo inscribe este encontro na súa labor de asesoramento e colaboración coas asociacións xacobeas, verdadeiras embaixadas do Camiño de Santiago no territorio español e no estranxeiro.
Máis de 15.000 visitantes aproveitaron a maior liquidación de stocks de Galicia que se concentrou na 19ª edición da Mostra da Oportunidade, o certame decano da oferta de Expourense, que se consolida como gran escaparate.
Caracterízase polo criterio de por en valor a contribución das mulleres ao desenvolvemento e ao progreso, considerándoas como piar da economía de Galicia. Está presente en redes sociais, onde as internautas están a construir un piar virtual cos seus rostros e fotografías.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (159)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES