Notas de prensa

Un operador británico e xornalistas franceses interésanse pola Ruta da Camelia de Galicia

O operador británico especializado en turismo de xardíns Kirker Holidays e nove xornalistas franceses coñecen a Ruta da camelia de Galicia da man de Turgalicia que os introduce na Mostra da Camelia de Vilagarcía de Arousa.

Un grupo de nove axentes de viaxes asociados ao operador turístico británico Kiker Holydays e nove xornalistas franceses especializados en Tursimo e estilo de vida, visitan ata o día 11 de marzo parte dos principais xardíns vinculados á Ruta da camelia, así como a Exposición da Camelia que se celebrará esta fin de semana en Vilagarcía de Arousa e as cidades de Santiago de Compostela e A Coruña.

Con esta viaxe de familiarización, organizada pola Xunta de Galicia, a través de Turgalicia da Secretaría Xeral para o Turismo, tanto os axentes de viaxe británicos como os xornalistas franceses, poderán coñecer in situ a oferta turística galega relacionada cos xardíns e as contornas dos pazos para podela logo prescribir entre o público de Gran Bretaña e Francia.

A Ruta da Camelia é un produto turístico desenvolvido por Turgalicia ao obxecto de promocionar o Turismo relacionado cos xardíns galegos e outras contornas monumentais. Esta ruta tamén está incluída dentro dos Dez produtos cabeceira de marca, que promocionarán o turismo galego baixo o paraugas da marca Galicia, gárdasme o segredo?

Catálogo Kirker Holidays 2012

Kirker Holidays é un dos operadores turísticos máis importantes de Gran Bretaña que puido coñecer a oferta galega de xardíns na pasada edición da Hampton Flower Show de Londres, en xullo de 2011, certame especializado en flores e xardíns ao que acudiu Turgalicia para presentar a Ruta da Camelia.

Así, o operador incluíu este produto turístico galego no seu catálogo de 2011, xunto a outras rutas internacionais como os xardíns da Toscana. A Ruta da camelia é a única española que aparece neste catálogo destinado a clientes de prestixio.

Agora, os axentes de Kirker Holidays que visitan Galicia estes días terán información de primeira man para prescribir os xardíns galegos entre os seus clientes.

Na súa estadía na Comunidade galega, mañá venres, poderán coñecer a cidade de Santiago de Compostela, e os pazos de Oca e Santa Cruz de Ribadulla. Ademais, participarán nunha presentación sobre o Turismo de Galicia en xeral a cargo de Turgalicia. O sábado día 10 de marzo os participantes nesta viaxe visitarán a Exposición da Camelia que se celebra en Vilagarcía de Arousa e coñecerán Combarro, Pontevedra e o Pazo de Fefiñáns. Por último, o domingo desprazaranse á Coruña para visitar a cidade, o Xardín de San Carlos e a Torre de Hércules.

Prensa especializada francesa

Doutra parte, e co mesmo obxectivo de promocionar a oferta turística galega relacionada cos xardíns e as súas contornas monumentais, pero neste caso para o público francés, Turgalicia organizou unha viaxe na que participan nove xornalistas especializados en Turismo, viaxes e estilo de vida.

Deste xeito, entre os días 9 e 11 de marzo, xornalistas e fotógrafos dos medios Maison française-AD Magazine, L´Ami des jardins e de la maison, Rusticae hebdo, Claire France, L´Art des jardins, La Provence, L´Est republicain, Hotel et lodge e Version femina, percorrerán parte da Ruta da Camelia de Galicia.

Os xornalistas franceses chegarán a Vigo o día 9 e visitarán Pontevedra e o Pazo da Saleta, en Meis. O sábado, día 10, poderán coñecer a cidade de Santiago de Compostela e o pazo de Santa Cruz de Ribadulla, ademais do pazo de Oca. Os xornalistas poderán visitar o domingo o pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, así como a Exposición da Camelia que se celebrará na mesma vila arousana.

A Ruta da Camelia de Galicia é única en Europa. Non hai outro destino no continente que poida ofrecer un produto igual. Salvando Xapón, non existe un produto con tal variedade de especies de camelia de beleza inusual. Portugal, a Bretaña francesa ou o Norte de Italia dispoñen de especies de camelia pero ningún destes lugares ofrece ao visitante tal variedade de especies de flor de camelia, de coleccionistas, de exposicións e de produtores de planta.

A Ruta da Camelia de Galicia está configurada na actualidade por unha ducia de xardíns públicos e privados que permiten disfrutar dunha experiencia única e orixinal: comeza no Pazo de Mariñán en Bergondo; e pasa polos xardíns da Alameda de Santiago; o Pazo de Oca na Estrada, o de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra, a Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón, o Pazo de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa; o Pazo de Quinteiro da Cruz en Ribadumia; o Pazo da Saleta en Meis; o Castelo de Soutomaior; o Pazo de Lourizán en Pontevedra; ata rematar nos xardíns do Castro e no Pazo Museo de Quiñones de León en Vigo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-03-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES