
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou a campaña de comunicación da Xunta de Galicia con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres o 8 de marzo, que se caracteriza polo criterio de por en valor a contribución das mulleres ao desenvolvemento económico de Galicia. Baixo o slogan Sen mulleres non hai Galicia, a campaña quere simbolizar as achegas da muller ao progreso de Galicia ao longo dos tempos, no pasado, no presente e no futuro.
De xeito expreso, esta iniciativa quere ser tamén un recoñecemento á muller galega contemporánea, que conforma a xeración de galegas máis preparadas da historia, en palabras da titular de Igualdade. Como exemplos da pegada das mulleres na actividade económica, durante a rolda de prensa de presentación da campaña Susana López Abella referíuse, entre outras, ás máis de 499.500 mulleres activas no mercado laboral en Galicia, ás máis de 48.600 que traballan na industria; ás 36.400 que se adican profesionalmente á agricultura e á gandería; ás máis de 22.700 empresarias con persoas asalariadas ou ás máis de 36.000 estudiantes universitarias.
Fases da campaña
A campaña Sen mulleres non hai Galicia tivo unha primeira fase en redes sociais, iniciada hai dúas semanas en facebook e tuenti e desenvolvida en formato teaser, de xeito que ata hoxe se mantivo a intriga para tratar de despertar o interese das internautas, sen desvelar que a peza era parte da campaña institucional do 8 de marzo.
Este movemento en redes está sendo unha chamada ao sentimento de orgullo das 1.445.831 Pilares que existen en Galicia e unha invitación para sumarse á construcción dun piar virtual de mulleres. A dinámica de adhesión permite ir creando ese piar virtual cos rostros e coas fotos das mulleres participantes, que suman xa as 5.638 seguidoras.
O acto institucional celebrarase o 7 de marzo na Cidade da Cultura, presidido polo presidente da Xunta de Galícia, e nel participarán varias mulleres membros dunha saga familiar de longa tradición empresarial en Galicia.
Representación creativa da muller como Pilar
A campaña está realizada cunha estética elegante, baseada na consideración e idealización das 1.445.831 mulleres galegas como Pilares, que van construíndo un friso que simboliza o soporte económico que son para a sociedade.
Na producción do spot ténse empregado unha novidosa técnica de animación que é orixinaria da web e da fotografía e por primeira vez se aplica ao soporte televisivo. A técnica, denominada Cinemagraph, dota de movemento os contidos fotográficos e consiste en animar, de manera selectiva e mínima, determinadas partes dun obxecto ou dunha persoa, neste caso, determinadas partes de cada unha das mulleres que van aparecendo no spot.
O día 8 de marzo a campaña estará en xornais dixitais, en prensa, en radio e en TVG.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.