Notas de prensa

O público reitera a súa fidelidade á Mostra da Oportunidade de Expourense

Máis de 15.000 visitantes aproveitaron a maior liquidación de stocks de Galicia que se concentrou na 19ª edición da Mostra da Oportunidade, o certame decano da oferta de Expourense, que se consolida como gran escaparate.

A falta de contabilizar as últimas visitas de hoxe, o día de maior afluencia dos tres que durou a feira, a organización calcula que foron máis de 15.000 visitantes os que aproveitaron os mellores prezos en milleiros de artigos que ofrecía a maior liquidación de stocks de Galicia. A Mostra converteuse esta fin de semana nunha cita para toda a familia á que contribuíu a zona de ocio pola que pasaron centos de nenos menores de 12 anos.

A Mostra da Oportunidade consolídase así como un bo escaparate do comercio galego, xa que foron moitos os expositores que indicaron que neste evento tomaron contacto con novos clientes, que mostraron por interese polo seu produto e por coñecer onde se ubica esa tenda para visitala a medio prazo. O téxtil volveu ser un dos sectores máis demandados destacando as compras realizadas en prendas de pel, traxes de chaqueta de señora e cabaleiro, prendas de abrigo, deportivas e infantís.

Todos que se decidiron á visitar a Mostra da Oportunidade pudieron atoparse cunha ampla oferta de máis dunha vintena de sectores sendo a maior parte dos expositores eran ourensáns, polo que esta cita se converte ademais nun dinamizador do comercio local grazas tamén a presenza de distintos centros comerciais como o de Ourense centro, o Couto, Pontevella, e os de Verín e O Barco de Valdeorras.

O moble foi o sector que maior superficie ocupou na feira e os sofás, dispoñibles en todos os estilos, formatos e con ata un 55% de desconto, foron un dos produtos con máis saída nesta edición. Outros artigos de menos tamaño e importe como os puffs, os colchóns, as alfombras ou o moble auxiliar tamén rexistraron bos niveis de venda, ó igual que os electrodomésticos que presentaban ofertas especiais de feira de ata o 50%.

Destacou ademais a oferta en automoción. Os visitantes tiveron a oportunidade de adquirir, con descontos de ata 3.000 euros, distintos vehículos seminovos e de ocasión de varios modelos.

O balance da 19ª edición poderíase resumir así: maior calidade dos produtos ofrecidos, fidelidade do público e o sector con máis éxito, o téxtil.

Expourense pecha así o calendario feiral do primeiro trimestre do ano e prepárase para a súa próxima cita: PREVISEL, Salón da Prevención e Seguridade Laboral que celebrará a súa sétima edición entre o 17 e o 18 de abril.

Silvia Prado (Coordinadora de Comunicación Expourense), 2012-03-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES