
A nova Lei de Fomento da Investigación e a Innovación en Galicia promovida polo Goberno galego inicia o proceso de información pública, no que os axentes implicados poderán presentar alegacións ao borrador do anteproxecto antes de que este pase ao trámite parlamentario. No texto da norma, dispoñible na web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), destaca como novidade a incorporación da valorización e a transferencia de resultados de investigación á empresa como un factor de máxima relevancia.
O anteproxecto de lei busca establecer un novo marco para o fomento da I+D e da transferencia e valorización de resultados para a innovación en Galicia, co obxectivo de coordinar e potenciar os esforzos destinados a promover unha economía baseada no coñecemento e un retorno do investimento público que revirta directamente na sociedade.
A nova Lei, que substituirá a vixente na actualidade -do ano 1993-, recolle cuestións que pretenden dar un novo impulso á I+D+i galega máis acorde coa realidade actual, contemplando mesmo de maneira concreta o escenario económico actual. Tamén son importantes as adaptacións ás normativas e recomendacións formuladas a nivel estatal (nova Lei de ciencia aprobada en 2011) e europeo (Estratexia Europa 2020) neste eido e ás modificacións na estrutura orgánica da Xunta, especialmente para dar cabida á nova Axencia Galega de Innovación, que comezará a funcionar proximamente como organismo adscrito á Consellería de Economía e Industria co cometido principal de xestionar e executar o Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015.
No texto recóllese a necesidade de que os centros de coñecemento e, en particular, a Universidade combinen o reto de optimizar a excelencia científica da súa investigación básica con todos os esforzos posibles para propiciar un marco de colaboración coa empresa máis estreito. O obxectivo final, tal e como se recolle no anteproxecto, é un esforzo coordinado entre os axentes do Sistema Galego de Innovación para consolidar o posicionamento das empresas e centros galegos no entorno competitivo europeo e internacional, permitindo á vez un cambio no modelo produtivo galego cara outro máis centrado na innovación.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.