
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, recibíu de mans do delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, unha reprodución enmarcada do cupón adicado ao 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. A través desta iniciativa, cinco millóns de cupóns van contribuir a difundir a mensaxe A igualdade beneficia todas e a todos.
A secretaria xeral da Igualdade destacou a repercusión desta iniciativa, que supón unha valiosa plataforma para extender a cultura da igualdade e agradeceu a longa traxectoria da ONCE e a súa Fundación na procura dunha sociedade igualitaria durante os seus case 75 anos de historia. Actualmente, das 70.775 persoas afiliadas á ONCE, 36.222 son mulleres, tal e como destacou o delegado territorial da ONCE no trascurso do acto, celebrado na Secretaría Xeral da Igualdade.
Na súa aposta polo emprego, a ONCE sempre tivo moi presentes ás mulleres e na actualidade da emprego directa ou indirectamente a case 59.000 mulleres, o que supón un 0,73% da poboación activa feminina en España. É dicir, de cada 134 mulleres que traballan en España, unha pertence ao entorno da Organización.
Amais, a ONCE fomenta medidas como a paridade nas listas que serven de base para as eleccións que se celebran na Organización para elixir aos seus representantes nos órganos de decisión, como resultado, un 30,8% dos cargos directivos da ONCE son asumidos por mulleres.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.