Notas de prensa

O líder de Sonic Youth, Thurston Moore, presenta na Coruña “Demolished Thoughts”

Thurston Moore, líder de Sonic Youth, actúa o mércores 14 de marzo no centro Ãgora da Coruña, dentro do ciclo Galicia Importa. O vocalista, guitarrista, compositor e cofundador da mítica banda norteamericana presenta en directo os temas do seu novo disco en solitario.

Thurston Moore, alma mater de Sonic Youth, protagoniza o mércores 14 de marzo a segunda das citas do ciclo Galicia Importa 2012 co concerto que ofrece a partir das 21.00 horas no Centro Cultural Ãgora da Coruña. Guitarrista, vocalista, compositor e cofundador da mítica banda estadounidense, Moore chega a Galicia no marco da xira europea durante a que está a presentar en directo os temas do seu cuarto álbum en solitario, Demolished Thoughts, para o que contou con Beck na produción.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria patrocina esta quinta edición de Galicia Importa que, organizada pola promotora galega Sweet Nocturna, dá comezo hoxe ás 21.00 h coa actuación de The Jon Spencer Blues Explosion na Sala Capitol de Santiago. O ciclo, que ten previsto ofrecer un total de sete concertos durante este ano, sitúa a Galicia no mapa da distribución europea de figuras de referencia internacional en moi diferentes estilos.

Carreira paralela

De feito, o da Coruña será o primeiro dos catro concertos de Thurston Moore en España con Demolished Thoughts (Matador, 2011), que presentará posteriormente en Madrid, Barcelona e Granada. Doce anos despois da súa visita a Galicia con Sonic Youth, o público galego terá mañá a oportunidade de escoitar, nun formato diferente, a este gran músico norteamericano, cun impresionante legado que vai máis alá da experimentación á fronte do seu grupo para deixar tamén unha fonda pegada a través da súa carreira paralela como solista, como produtor de bandas independentes e como impulsor do selo discográfico Ecstatic Peace!

Falar de Moore é facelo dun deses músicos que coa súa achega vén marcado os vieiros da música popular contemporánea durante os últimos tempos. Cunha traxectoria ao alcance de moi poucos, o seu currículo sitúao desde os primeiros oitenta como unha das figuras emblemáticas do rock americano. Así, xunto con Sonic Youth, facturou algúns dos mellores momentos da música independente americana dos últimos trinta anos. A banda chegou a se converter en referente no seu xénero, de xeito que é evidente a súa influencia sobre infinidade de artistas, manténdose aínda ao máis alto nivel, tanto en estudio como en directo.

Tralo recente seu divorcio de Kim Gordon –a súa compañeira en Sonic Youth– tras 27 años de matrimonio, o grupo entra nun período de descanso e Moore céntrase no seu proxecto en solitario e no seu disco Demolished Thoughts, que viu a luz no verán de 2011 e para o que contou con Beck na produción.

Formato acústico

Este traballo ofrece unha nova aresta no seu afán por explorar os moi diferentes territorios da música popular. Coa colaboración de Beck, creou un ambiente puro, cheo de emoción e intensidade, que evidencia unha vez máis o seu gran talento. Ademais, nesta nova etapa decántase por un formato acústico baseado en guitarras e cordas para ofrecer un disco atemporal que aparece extremadamente limpo nos seu recursos.

As entradas para o concerto de mañá no Centro Cultural Ãgora están á venda a través de www.servinova.com, o teléfono 902 504 500, no despacho de billetes da praza de Ourense na Coruña e A Reixa Tenda de Santiago. O seu prezo é de 18 euros (máis gastos de xestión) en venda anticipada e de 22 euros en billeteira.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-03-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-hotel-cama.jpg) A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turísticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turística e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M€, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.
Foto de la tercera plana (lavuelta-2025.jpg) Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, ‘La Vuelta’ despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.

Notas

O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteína p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, podería ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuír a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehículo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido en España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES