Notas de prensa

Ciencias da Comunicación da a coñecer as particularidades do lobbying

A Facultade de Ciencias da Comunicación será sede o vindeiro mes de abril do primeiro seminario que se vai celebrar nunha universidade pública galega sobre "Lobbyng e os Public Affairs". Na facultade compostelá reuniranse algúns dos profesionais máis reputados do ámbito dos asuntos públicos.

As dúas xornadas programadas os días 20 e 21 de abril explicarán en que se basa o traballo ‘invisible’ que fan os lobbistas, como actúan os grupos de presión e como se regula este profesión en España. Con esta finalidade na facultade compostelá reuniranse algúns dos profesionais máis reputados do ámbito dos asuntos públicos.

O I Seminario ‘O traballo invisible dos lobbistas’ forma parte dun ciclo de conferencia que a consultora Com-Unica Public Affairs desenvolve en diversas localidades españolas sobre novas áreas profesionais para os titulados universitarios. A oferta actual sobre lobbying concéntrase en Madrid, sendo un área académica que os promotores destas xornadas consideran de moita proxección en España xa que este é un país onde aínda non existe unha tradición lobbista como a existente en Estados Unido ou entre outros países comunitarios.

O programa deseñado comezará cunha exploración arredor de novas saídas laborais para os estudantes de comunicación, tratando temas de Responsabilidade Social Corporativa, reputación, relaciones institucionais e lobbying. Esta primeira xornada, dará paso na tarde do venres 20 e o sábado 21 pola mañá a unha análise máis detallada para estudantes e profesionais en materia de lobbying, buscando explicar o porqué da existencia dos grupos de presión, en que se basea a defensa de intereses e como se consegue.

O seminario rematará coa celebración dun debate o sábado entre reputados lobbistas na procura de ofrecer unha alternativa propia á regulación do mundo del lobbying, actualmente nun estado de alegalidade. Para completar o programa, as persoas que asistan ao encontro poderán participar nunha comida cos relatores (profesionais, periodistas, lobbistas e políticos) de xeito que poidan axudar a crear novos contactos aos alumnos da USC.

As persoas interesadas poden atopar máis información no enlace http://www.com-unica.es/index.php/i-seminario-de-el-trabajo-invisible-del-lobbista-una-profesion-en-auge.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2012-03-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES