
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, inaugurou o seminario Lectura fácil nos medios de comunicación, organizado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, en colaboración con Down Galicia e coa Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, que ten como obxectivo fomentar unha cultura xornalística de compromiso coa discapacidade.
Segundo resaltou o secretario xeral de Medios na súa intervención, esta xornada pretende dar a coñecer e introducir aos profesionais da comunicación no sistema da lectura fácil e responde a un dos compromisos adquiridos no Plan de acción integral para as persoas con discapacidade, Galicia 2010-2013, que busca fomentar a construción dunha sociedade inclusiva e integradora.
A lectura fácil nos medios de comunicación é unha ferramenta que permite achegar a información ás persoas con discapacidade intelectual, lembrou Alfonso Cabaleiro, salientando que este seminario responde á necesidade de que os profesionais da comunicación realicen un esforzo de formación e actualización continuas, para así facer posible este achegamento.
Todos sabemos que os medios de comunicación son fundamentais e de gran importancia para a integración das persoas con discapacidade na sociedade, remarcou Cabaleiro, instando aos profesionais dos medios a prestar especial atención ao tratamento informativo e á linguaxe que se empregue nesta materia.
Na súa intervención Alfonso Cabaleiro referiuse, ademais, ás actuacións que desde a Secretaría Xeral de Medios se levan posto en marcha no eido da discapacidade, como a celebración, no pasado mes de outubro, da xornada sobre o tratamento da discapacidade nos medios de comunicación; a presentación da Guía de Boas Prácticas en linguaxe de lectura fácil, que hoxe se entregou aos participantes no seminario e que tamén se editou en braille; ou a edición especial do contido da páxina web da Xunta en lectura fácil, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Discapacidade, o 3 de decembro.
Os medios de comunicación deben adoptar compromisos a través de accións para propiciar a reinserción social das persoas con discapacidade e romper barreiras para que poidan ter igualdade de oportunidades co resto dos cidadáns, aseverou Alfonso Cabaleiro, quen fixo un chamamento aos futuros profesionais da comunicación para que contribúan a crear unha conciencia colectiva en relación coa discapacidade, a promover unha cultura de non exclusión e a fomentar unha cultura aberta para todos.
Seminario Lectura fácil nos medios de comunicación
Na apertura do seminario participaron, ademais do secretario xeral de Medios, o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, José Pereira Fariña; o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto; o presidente do CERMI de Galicia, Anxo Queiruga; e a subdirectora xeral de Autonomía Persoal da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta, Patricia Toubes.
Tras o acto inaugural, Ana Cabaleiro, responsable de comunicación de Down Galicia, pronunciou o relatorio O tratamento da discapacidade nos medios de comunicación; Mercedes Alonso, coordinadora de Down Ferrol-Teima, abordou o concepto e as orientacións da lectura fácil, as dificultades habituais que teñen as persoas con discapacidade na lectura da prensa e a necesidade de empregar este sistema de lectura; e, por último, desenvolveuse un taller práctico de aplicación das pautas da lectura fácil ao xornalismo.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.