Buscador
Noticias
Economía e Industria impulsa na Coruña os Días Europeos da Artesanía con actividades interactivas e mostras sobre ourivaría, olería, cerámica, encadernación, vidro, instrumentos musicais e tapices. Trátase dunha clara aposta pola formación, a promoción e a posta en valor do producto artesán galego.
Otero Pedrayo, Castelao, Pardo Bazán, García Lorca, Jorge Amado e James Joyce completan o programa que abre Celso Emilio Ferreiro e no que se pon en valor o patrimonio literario a través dun formato multidisciplinar, no que a literatura dialoga coa música, o cine ou o teatro.
O Consello Galego de Universidades informa favorablemente o anteproxecto da Lei de Universidades que recolle suxestións dos axentes do sistema universitario e ten como obxectivo que este acade os máximos niveis de eficiencia e excelencia internacional.
A artista islandesa ofrece o 22 de xuño na Cidade da Cultura o único concerto en solitario dentro da xira española de presentación do seu último disco "Biophilia", para o que se venderon 1.500 entradas nas primeiras 24 horas.
A Xunta pon en marcha o portal http://abertos.xunta.es: un catálogo inicial de información con 250 documentos en formatos abertos e de gran valor pola súa fiabilidade e calidade que non estaban adaptados para ser empregados por terceiros. Ofrécese información administrativa, financeira e xurídica.
Panorama, París de Noia, Olympus e Philadelphia son algunhas das 14 orquestras que, entre o 26 e o 29 de abril, participan en Verbenalia que xurde co obxectivo de constituirse nun referente do sector que xera en Galicia un volume de negocio de 60 millóns de euros anuais.
Carolina González con Hueco y Mónica Guillán con una selección de Destino NY y Girls dont cry desfilaron algunas de sus creaciones por la pasarela de Dolce Vita ante la mirada de Francis Montesinos.
O Día Mundial da Poesía 2012, celebrado no Centro Cultural da Deputación de Ourense, tivo como figura senlleira ao poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, de quen se cumpren 100 anos do seu nacemento.
Os vehículos eléctricos serán unha das novidades desta edición que conta coa participación da práctica totalidade dos concesionarios ourensáns que se reúnen en Expourense do 23 ao 25 de marzo no Salón do Automóbil Ourensemotor 2012.
Tras unha modificación no cadro financeiro do Programa de Apoio ao Viño para o exercicio 2012, á Galicia corresponderíalle un presuposto total de 3.681.975,67 euros, dos cales máis de 2 millóns xa foron distribuídos como anticipo. Medio Rural e do Mar desprazouse ata Madrid para acudir á Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural.