Notas de prensa

Verbenalia reúne no Ifevi ás mellores orquestras de Galicia

Panorama, París de Noia, Olympus e Philadelphia son algunhas das 14 orquestras que, entre o 26 e o 29 de abril, participan en Verbenalia que xurde co obxectivo de constituirse nun referente do sector que xera en Galicia un volume de negocio de 60 millóns de euros anuais.

Verbenalia presenta no IFEVI de Vigo ás mellores orquestras de Galicia os próximos días 26, 27, 28 e 29 de abril. Panorama, París de Noia, Olympus, Philadelphia e ata un total de catorce formacións despregarán os seus espectáculos no recinto feiral de Cotogrande, nun evento con catro escenarios e un altísimo nivel de luz e son, por riba das grandes xiras musicais de rock e pop.

As orquestras participantes nas catro xornadas de Verbenalia son Panorama, París de Noia, Olympus, Philadelphia, Sintonía de Vigo, Aché, Marbella, Ciclón, Costa Oeste, Cinema, Gran Parada, Charlestón e Jerusalén. Ademais, o xoves 26 estarán en Verbenalia o grupo Teté y los Ciclones e actuarán o actor e humorista Carlos Blanco, xunto a Budiño Dj (¡Lalelo!). O sábado 28, o artista convidado será o xa mítico vocalista Sito Sedes, antigo cantante dos Satélites de A Coruña. As sesións vermú do xoves e domingo serán presentadas por Carlos Blanco e as sesións da noite, por Teté Delgado e Yolanda Vázquez.

Verbenalia está organizado por Oíde Events e Reresentaciones Lito, coa colaboración do Concello de Vigo. A feira nace con vocación de continuidade, co obxecto de converterse nun referente para o sector das orquestras, que move en Galicia un negocio de cerca de sesenta millóns de euros anuais e xera dez mil postos de traballo directos.

O domingo, ademais do gran espectáculo da noite, Verbenalia recuperará a Sesión Vermú, a mediodía, coa banda Unión Musical de Valladares, dirixida polo mestre José Iglesias Ramilo, nun acto que pretende ser unha homenaxe a todas as comisións de festas de Galicia.

Verbenalia está aberto ao público en xeral, de todas as idades, e conta cun área recreativa infantil, aberta desde as 17.00 horas. Ademais, haberá no recinto do Ifevi pulpeiras, rosquilleiras, degustacións gastronómicas, foguetes, chiringuitos e atraccións.

A oferta gastronómica de Verbenalia corre a cargo de El Canario, tanto no restaurante como nas barras e bares distribuídos polo recinto.

As entradas para cada día dos concertos sairán á venda o vindeiro luns, a un prezo anticipado de 3 euros. En taquilla, o día do concerto, o prezo será de 4 euros. Os menores de tres anos entran de balde.

A imaxe corporativa de Verbenalia foi deseñada polo polifacético artista tudense Víctor Coyote, autor do logo e a cartelería da feira, que conta co seu propio merchandising de camisetas, pins, gorras, etc... Ademais, lanzaremos un CD recopilatorio cos mellores temas das orquestras participantes no certame.

A escenografía de Verbenalia corre a cargo do decorador Suso Montero, un dos máis recoñecidos directores de arte en televisión en toda España. Arcos led, grandes pantallas e as últimas novidades técnicas farán que o espectáculo en Verbenalia sexa unha garantía.

Falamos da festa das festas, da primeira verbena do verán, da verbena máis grande do ano e da festa onde nunca chove. Verbenalia é “A Primeira Verbena Indoor de Galicia”.

Verbenalia, 2012-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES