Notas de prensa

Poesía e Celso Emilio, xuntos no Centro Cultural

O Día Mundial da Poesía 2012, celebrado no Centro Cultural da Deputación de Ourense, tivo como figura senlleira ao poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, de quen se cumpren 100 anos do seu nacemento.

Un cento de persoas se deu cita no acto central que se celebrou en Ourense co gallo desta efemé rides, que congregou no Centro Cultural a poetas, escritores, representantes institucionais e da cultura e entusiastas da poesía.

O evento, organizado polo PEN Galicia e a Deputación de Ourense, contou coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; o escritor e presidente do PEN Galicia, Luís González Tosar, e de Luís Ferreiro, fillo de Celso Emilio.

Xunto a eles, que nos seus discursos coincidiron na importancia de poñer en valor a poesía nestes tempos de crise, participaron as poetisas Alba Cid e Celia Parra e o poeta Francisco Fernández Naval, quen ofreceron un recital poético, ademais da cantora Belén Rodríguez e do gaiteiro Marco Foxo, os cales, interpretaron poemas recollidos polo propio Celso Emilio e musicados por Xosé Lois Foxo.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2012-03-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES