Archivo (9 del 2011)

Buscador

Noticias

Os filmes galegos Tralas luces, de Sandra Sánchez, e Arrugas, de Ignacio Ferreras, compiten na sección Zabaltegui do certame. O Consorcio organiza o domingo, 18 de setembro, unha recepción no Kursaal para a prensa especializada e os profesionais acreditados no Festival de San Sebastián.
A profesora Monserrat Mera falou sobre o ilustre “fabulador” de Mondoñedo “cuxas palabras non perderon vixencia”. Tras un relatorio en Harvard sobre o xornalismo de Cunqueiro, a estudiosa do escritor galego confesa a súa sorpresa polo interese suscitado pola súa obra.
Esmeralds, Doravideo e Kokusyoku Sumire poñen a música no ciclo adicado á arte sonora que atrae á Cidade da Cultura de Galicia novos sons: nesta ocasión, os electrónicos do underground americano e a experimental xaponesa.
Feijóo avoga por renovar a coordinación institucional para que as demandas de España sexan atendidas na reforma da Política Pesqueira Común e na loita contra a piratería e a competencia desleal no caso dos túnidos. Fixo estas declaracións na V Conferencia Mundial do Atún que se celebra en Vigo promovida por Anfaco.
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá promove a XXXIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo entre o 18 e o 25 de setembro. As homenaxes a Manuel Piñeiro, "O Pintor", Antonio Casal e Marta Rivera, as galas especiais Daniel Soul, Alzheimer e The Beatles, entre as novidades desta edición.
A Agadic destina 146.500 euros ao sector musical a través das axudas ás industrias culturais concedidas a 27 propostas de traballos discográficos, distribución exterior e mellora técnica de estudos de gravación e salas de música. O 48% das subvencións foron para os CDs de Xoel López, Uxía ou Maryland.
ASIME, la patronal del sector naval gallego, manifiesta su absoluto rechazo a la convocatoria de huelga de los sindicatos CIG, CC.OO. y UGT y reclama el apoyo de las instituciones autonómica, estatal y europea a esta industria que congrega a más de 300 empresas.
O musical da compañía pública galega represéntase entre o venres 9 e o domingo 11 de setembro na capital aragonesa antes de regresar a Galicia. Quico Cadaval dirixe esta versión do clásico de Brecht e Weill, na que Luis Tosar encabeza un elenco de 20 actores e músicos.
A mostra, que pode visitarse na Sala Municipal de Exposicións do Palexco, permite achegarse á figura e á obra do autor mindoniense a través de 16 paneis informativos e de diferentes materiais e obxectos dispostos en 8 vitrinas. Logo da Coruña, a exposición viaxa a Pontevedra, Ferrol e Vigo.
O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, inaugurou a mostra “Diversidade cultural e lingüística no Camiño de Santiago”, que pode visitarse no Mupega ata o 24 de outubro. A exposición forma parte dun proxecto europeo liderado pola secretaría xeral, que promove a diversidade das linguas e das culturas europeas.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (165)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES