Buscador
Noticias
O espectáculo O soño dourado. De Rosalía a Cunqueiro, que chega á Cidade da Cultura de Galicia o 2 de outubro, concíbese como unha actuación poético-musical en homenaxe ás obras que inspiraron algunhas das páxinas máis logradas da literatura galega.
O primeiro foro Espazos para a Cultura reunirá no Gaiás a principios de novembro a representantes de institucións culturais de referencia a nivel mundial, como o MoMA, o Pompidou ou a Biblioteca de Alexandría. O evento pódese seguir en directo na web www.fiec-cidadedacultura.org.
Desafiar á gratuidade dos contidos é o reto da redefinición que deben afrontar os novos modelos de negocio das industrias culturais que, según os expertos do proxecto INDCREA deberán apostar por ofertas multicanal e multisoporte con fórmulas mixtas de pago e contidos de calidade. O evento retransmítese na web e se está a realizar un completo seguimento en Twitter.
O venres, 23 de setembro, preséntase no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) o documental Lembranzas da infancia. Recordos da ecola, no que se analizan as achegas culturais e educativas da emigración galega nos primeiros anos do século XX.
A directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destaca o espectacular incremento de peregrinos coreanos que chegan a Santiago atraídos pola ruta xacobea. O fixo na presentación de tres libros sobre o Camiño de Santiago da escritora e xornalista surcoreana Kim Hyo.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Universidade de Santiago -USC- establecen un marco para actuacións conxuntas en actividades culturais, científicas, pedagóxicas ou de investigación nos vindeiros dous anos (2011-2013). A Cidade da Cultura financia as carpetas-axendas do novo curso da USC.
Argentina será el país invitado de la 11ª edición de Termatalia, Feria Internacional de Turismo Termal, que tiene en Expourense entre el 23 y el 25 de septiembre. De las 23 provincias argentinas, 19 ofrecen recursos termales.
O cumio académico e profesional organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e o Consello da Cultura Galega celébrase do 19 ao 22 de setembro e nel deseñaranse políticas para a xeración de riqueza, valor engadido e emprego nun sector clave no desenvolvemento de Galicia.
O Museo Municipal de Ourense acolle a mostra O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da prata, que organiza o Museo Arqueolóxico Provincial para dar a coñecer o valor patrimonial desta ruta, eixo de referencia e sinal identitario.
A promoción combina a gastronomía e a estancia nas casas rurais galegas a prezos moi competitivos. A secretaria xeral para o Turismo salientou a capacidade deste produto para dinamizar a práctica turística no eido rural a través da implementación da oferta complementaria, favorecendo a desestacionalización.