
A USC e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia acaban de establecer un marco de actuación que regulará a súa relación no desenvolvemento de actuacións conxuntas en actividades culturais, científicas, pedagóxicas, de investigación e outras que resulten de interese para ambas institucións. A colaboración quedou formalizada coa sinatura protocolaria dun convenio marco que subscribiron o reitor da USC, Juan Casares, e o e conselleiro de Cultura, Roberto Varela, en calidade de presidente do Padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
A USC e a Fundación sentan deste xeito as bases para, nos vindeiros dous anos período de vixencia do acordo-, executar proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, a realizar entre os institutos e centros da USC e a Fundación. O acordo abre tamén ás portas á cooperación en programas de formación de persoal investigador, técnico e de administración, así como o asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coas respectivas actividades das partes asinantes.
O intercambio de persoal e a organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación, a docencia e o desenvolvemento tecnolóxico serán outros eidos nos que a universidade compostelá e Cidade da Cultura cooperarán.
Tras a sinatura do acordo, o conselleiro asegurou que para a Fundación Cidade da Cultura de Galicia é unha honra poder colaborar coa USC, unha institución que atesoura tras de si máis de cinco séculos de dedicación á produción e difusión do coñecemento. Varela destacou o papel da USC como cerne da cultura galega e asegurou que a Fundación traballa para axudar a vertebrar a nosa cultura, para contribuír a que siga medrando e para difundila dentro e fóra das nosas fronteiras.
No mesmo acto, Casares e Varela subscribiron tamén unha colaboración en virtude da que a Fundación Cidade da Cultura financia as carpetas-axendas que a USC entrega ao seu alumnado coa matrícula. Esta colaboración abarcará o presente curso académico, incorporando o nome e anagrama da Fundación de xeito visible nas citadas carpetas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.