
O Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) acolle o venres 23 de setembro de 2011, a partir das 18:00 horas, a estrea do documental Lembranzas da infancia. Recordos da ecola, un proxecto de IMAXINA, S.L. con unha subvención ao desenvolvemento por parte do AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais).
A obra, na que se analizan as achegas culturais e educativas da emigración galega nos principios do século XX, realizouse ao longo de dous anos, percorrendo para iso máis de 7000km. Polas distintas parroquias e municipios galegos.
Lembranzas da infancia. Recordos da Escola, un traballo que firman Daniel Vázquez Vila como director e Jaime Pardo Valdés como productor executivo, resposta a unha exhaustiva labor de investigación e inclúe a recreación de diveros episodios históricos así como unha novedosa documentación gráfica e entrevistas a varios especialistas na materia.
As recreacións históricas, ambientadas a principios do pasado século, foron gravadas en Santaballa, Villalba, na Liga Santaballesa, coa participación de tódolos veciños do municipio, surxindo da dramatización, que presenta feitos e situacións reais reconstruidas parcialmente, a mediometraxe O legado migratorio Santaballés.
O documental, de 54 minutos de duración, é o resultado dun duro traballo de búsqueda que recolle a testemuña de numerosos historiadores, como Domingo González Lopo, Marisa Pazos, Antonio Prado, Raúl Soutelo, especialistas en educación, como Emilio Castro, Antón Costa, Narciso de Gabriel, Eugenio Otero e Vicente Peña, entre outros, que nos achegan os aspectos menos coñecidos deste acontecemento significativo da nosa historia, o impacto da emigración a principios do século XX na educación da época.
Ao acto acudirán representantes de distintas institucións académicas e culturais, ademáis de representantes da Secretaría Xeral de Emigración, da Consellería de Cultura, de Educaión, das catro deputacións galegas e de distintos concellos onde perviven os aportes educativos e a impronta cultural e inmaterial da emigración.
IMAXINA-TALLER DE CREACIÓN AUDIOVISUAL S.L., que se define en catro sectores específicos: audiovisual, recreacións 3D, multimedia e teleformación, nace da unión de varios profesionais dos distintos sectores que abarca, que deciden unir o seu talento e entusiasmo para apostar por unha nova empresa na que se fusionan a calidade, a orixinalidade e o constante desafío.
O percorrido no sector audiovisual vén respaldado por traballos xa consagrados, como é o caso do documental O Mariscal, lenda, mito e realidade, dirixido por Damián Varela, onde o noso equipo, ao igual que nos demáis proxectos, abarca tódalas áreas dunha produción, comezando pola idea e rematando con unha realidade.
IMAXINA conta con unha traxectoria profesional avalada pola confianza que ao longo dos anos seguen depositando os clientes na empresa.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.