Notas de prensa

Ruído de fondo explora o sons electrónicos do underground americano e a música experimental xaponesa

Esmeralds, Doravideo e Kokusyoku Sumire poñen a música no ciclo adicado á arte sonora que atrae á Cidade da Cultura de Galicia novos sons: nesta ocasión, os electrónicos do underground americano e a experimental xaponesa.

O ciclo da Cidade da Cultura de Galicia dedicado á arte sonora, Ruído de fondo, achégase ao territorio dos sons electrónicos máis experimentais o próximo 20 de setembro co concerto de Emeralds, unha banda afincada en Cleveland (Ohaio), que se ten convertido nos últimos anos nun dos referentes da música electrónica do underground americano.

Integrada por John Elliot, Mark McGuire e Steve Hauschildt, Emeralds debuxa paisaxes sonoros a base de ritmos electrónicos dunha beleza asombrosa. Amantes do minimalismo de Terry Riley e da ‘kosmiche musik’ alemá de Cluster, Klaus Schulze ou Popol Vuh, Emeralds móvese entre a electrónica e o rock espacial, sitúandose no top internacional dos medios especializados. As entradas están a venda en www.servinova.es a un prezo de 5 euros máis gastos de xestión.

Hoxe saen tamén á venda as entradas para o seguinte concerto de Ruído de fondo: a noite Especial Xapón (25 de outubro), coa actuación de Doravideo (ás 20.30 horas) e Kokusyoku (ás 21.30 horas), ambos na Biblioteca de Galicia. Herdeiro da tradición dos ‘cut-ups’, Doravideo é Yoshimitsu Ichiraku, un batería que interactúa con sons orixinais e vídeo ‘loops’, sempre en sintonía cos sons da súa batería chea de sensores, que dispara imaxes sobre violencia, política, sexo ou tradicións, creando un abraiante espectáculo visual.

Despois de Doravideo será o momento de Kokusyoku Sumire e a súas melodías escuras, barrocas, xerando unha atmosfera de ‘dark cabaret’. O vestiario deste dúo xaponés, adorado por artistas como Tim Burton, forma parte do seu espectáculo. Con influenzas da cultura ‘gothic lolita’, con maquillaxes vitorianos e aspecto de bonecas de porcelana, Kokusyoku Sumire transportará ao público ao mundo das caixas de música xaponesas. As entradas están xa venda en www.servinova a 8 euros máis gastos de xestión.

Ruído de fondo continúa con estas actuacións no seu obxectivo de traer á Cidade da Cultura de Galicia novos sons, como fixo xa ca banda turca de Hayvanlar Alemi, coa psicodelía dos americanos No Age e como farán en novas actuacións que terán lugar ata o mes de decembro e que se darán a coñecer nas próximas semanas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-09-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES