
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá organiza entre o 18 e o 25 de setembro a XXXIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo que terá como sedes o Auditorio Gustavo Freire, a Fundación Caixa Galicia e a Biblioteca Provincial, entre outras.
Nesta edición Fonmiñá promove varios eventos especiais que complementan ás tradicionais Sección Infantil, Oficial e O Mellor do Ano. A XXXIII Semana arranca o día 18 con dúas galas especiais a Daniel Soul e Alzheimer, nas que se proxectan "Starsky e Hutch" e "Bicicleta, cuchara, manzana" sobre o ex presidente da Generalitat de Cataluña Pascual Maragall. Na homenaxe a Antonio Casal, Fonmiñá inclúe a proxección de "El hombre que se quiso matar", "Viaje sin destino", "La torre de los siete jorobados", "La guitarra de Gardel" y "Camarote de lujo".
Según destacaron o director da Semana de Cine, Manuel Curiel, e o presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz, durante o acto de presentación, esta edición rende unha especial lembranza a Manuel Piñeiro Rodríguez, "O Pintor", que durante moitos anos rotulou a cartelería deste evento. Entre os homenaxes que Fonmiñá organiza esta Semana destaca, tamén, a organizada con motivo do 50º aniversario do grupo The Beatles, polo que se proxectarán "Que noche la de aquel día", "Help" e "Yellow submarine".
Fonmiñá proxecta "The Way" (El Camino"), "Sinfonía de Juliette y Pascal" e "La conjura de El Escorial" nos especiais Xacobeo, Autismo e homenaxe a Marta Rivera de la Cruz. Ademáis, no ciclo Cine e Gastronomía "E para comer Lugo..." proxéctanse "Deliciosa Marta", "La cena", "Bon appétit", "El festín de Babette" e "Fuera de carta".
Fonmiñá leva a concurso na súa Sección Oficial os filmes "Todos vós sodes capitáns", "Aficionados", "Copia certificada", "Incendies", "La mujer con la nariz rota" e "Canino".
Máis información en: www.semanadecine.delugo.info
Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.