Archivo (4 del 2011)

Buscador

Noticias

O ciclo Novo Cinema Galego amosa a partir do xoves 28 de abril os traballos de autores como Peque Varela, Marcos Nine, Eloy Enciso, Lois Patiño, Ángel Santos ou DSK. As proxeccións celebraranse ás 19.30 horas dos días 28 de abril, 5, 19 e 26 de maio.
A Xunta presenta en Lugo unha instalación multimedia sobre Lois Pereiro que achegará ás bibliotecas e centros escolares a vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. O público pode participar interactivamente.
O Centro Galego de Artes da Imaxe incorpora aos seus fondos un conxunto de filmes documentais históricos relacionados coa agricultura e co traballo no campo galego. A filmoteca galega poderá investigar e catalogar películas como Lúpulo, Lires ou Alborada.
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá presentou na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela o libro Enrique Muiño, o gaucho galego, no que se recupera a figura do que foi un dos grandes actores galegos en Arxentina a principios do século XX.
As tres institucións galegas están presentes no foro Europosgraos Arxentina, que se está a desenvolver en Bos Aires. A Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires ofrecerá información da oferta académica das universidades galegas.
Trátase dun dos tres convenios asinados entre a Xunta e a USC que favorecen a atención á diversidade, a mellora enerxética nos edificios do campus de Lugo, e a realización do prácticum do Máster do Profesorado 2011-2012.
A presentación do álbum Jazz from Galiza!! do compositor e contrabaixista preséntase no Salón Teatro de Compostela no marco do ciclo de concertos promovidos por Agadic. Este disco debut explora as diversas vertentes do jazz, desde o free-jazz ao máis clásico, con incursións na parte más melódica do xénero e incluso cun pasodobre.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística apoia a iniciativa dos estudantes de Filoloxía da USC, que se enmarca nas celebracións dos 50 anos da publicación da obra máis emblemática de Neira Vilas: Memorias dun neno labrego. Un recital de Mini e Mero pecha o programa de actos conmemorativos.
A Xunta presenta o proxecto “Computación na nube”, do CRA de Boqueixón-Vedra, escollido por HP como unha das tres mellores iniciativas do mundo. O conselleiro de Educación destacou a importancia desta iniciativa de comunidade virtual para combater a dispersión no ensino no rural.
A FGE conta cun stand propio no que informa sobre as distintas liñas de bolsas que convoca anualmente, reparte exemplares da “Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais”.
« Anterior | 2  de  3 | Siguiente »

Archivo

2026 (165)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES