Notas de prensa

A Xunta informa en Bos Aires da oferta académica das universidades galegas

As tres institucións galegas están presentes no foro Europosgraos Arxentina, que se está a desenvolver en Bos Aires. A Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires ofrecerá información da oferta académica das universidades galegas.

O Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, reuniuse co Vicerreitor de Estudantes e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Francisco Bustos Durán, e co Vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel José Fernández Iglesias, con quen acordaron converter á representación galega en Arxentina nunha “fiestra de acceso á información do Sistema Universitario de Galicia”.

Segundo declarou López Dobarro tralo encontro, “establecéronse protocolos de traballo conxunto” entre as universidades galegas e a Delegación da Xunta no país austral. Pola súa banda, o Vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo asegurou que están interesados en “reinterpretar as relacións das Universidades galegas coa sociedade arxentina. Queremos facerlles chegar a nova Galicia, a oferta universitaria e de investigación, que é importante para os dous países”.

O Vicerreitor de Estudantes e Formación Continua da USC destacou que esta iniciativa ten como finalidade “facilitar o contacto entre os estudantes arxentinos e as tres universidades galegas” e que “coincide”, ademais, “coa aposta pola internacionalización da educación que está a facer Arxentina”.

Presenza galega en Europosgraos Arxentina

Segundo informou Fernández Iglesias, as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo presentan estes días en Bos Aires a oferta do Sistema Universitario de Galicia no encontro “Europosgraos Arxentina”. Este está pensado para achegar ao público arxentino toda a información das universidades europeas neste eido e incrementar o intercambio entre universidades para a formación de estudantes, docentes, profesionais e científicos.

Esta iniciativa vense organizando desde o ano 2005 polo Servizo Alemán de Intercambio Académico, a Fundación universidad.es, a Embaixada de España en Arxentina, a Axencia Española de Cooperación Internacional e para o Desenvolvemento, e outras entidades francesas, italianas, británicas e neerlandesas. Europosgraos Arxentina está a ter lugar os días 13 e 14 de abril no centro Costa Salguero de Bos Aires.

Durante o evento, no que participan arredor dun centenar de institucións de educación superior europeas, os representantes das universidades galegas contactaron con arredor de 2000 estudantes arxentinos interesados na oferta de idiomas, posgrao, máster e doutoramento das tres institucións. Así mesmo, están a presentar os requisitos de ingreso e as diferentes opcións dispoñibles para acadar o financiamento necesario a través das bolsas ofrecidas polas institucións participantes, a Xunta de Galicia, ou outras entidades públicas e privadas. A comunidade galega no exterior dispón de accións de apoio específicas para realizar estudos en Galicia, como as axudas de estudos convocadas pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

No evento participan representantes das tres universidades galegas. O Vicerreitor de Estudantes e Formación Continua da Universidade de Santiago, Francisco Durán; o Vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel J. Fernández Iglesias; a Responsable da Oficina de Relacións Internacionais de dita universidade, Amelia Rodríguez, a técnica da Oficina de Información ao Estudante da Universidade de Santiago de Compostela, Maribel Braña, e o profesor da Universidade da Coruña Salvador Naya.

Xornada sobre Internacionalización na Casa

A Universidade de Vigo ten participado tamén o pasado 12 de abril nun obradoiro organizado pola Comisión de Internacionalización e Cooperación das Universidades Españolas e a Rede de Cooperación Internacional das Universidades Nacionais Arxentinas, onde se debateron diferentes iniciativas no eido da internacionalización. Neste evento, a Universidade de Vigo presentou, a través do seu vicerreitor de Relacións Internacionais Manuel J. Fernández Iglesias, as accións que a universidade está a desenvolver no eido da Internacionalización na Casa. O concepto Internacionalización na Casa (Internationalization at Home) engloba todas aquelas actividades que se poden desenvolver na institución de orixe dos universitarios para adquirir habilidades e competencias no eido internacional.

No caso da Universidade de Vigo, presentáronse as accións dirixidas á capacitación en idiomas, á formación en contornos multiculturais, á interacción cos visitantes internacionais da universidade, e ao desenvolvemento dunha cultura corporativa internacional. Así, presentáronse iniciativas como a oferta do Centro de Linguas, as accións dirixidas á mellora da competencia lingüística dentro dos planes de formación do profesorado, o tándem de conversa, a participación en programas como Jean Monet ou Erasmus Mundus, as xornadas internacionais programadas pola institución e por algún centros, as charlas informativas, as bolsas de colaboración coa Oficina de Relacións Internacionais para os nosos estudantes, ou a próxima integración no programa Euranet de radios universitarias.

Xunto á Universidade de Vigo, foron invitadas a participar neste obradoiro as universidades españolas de Cádiz, Rovira i Virgili, Miguel Hernández, Politécnica de Catalunya, e Politécnica de Valencia. Pola parte arxentina, presentaron as súas experiencias a Universidade Nacional del Litoral, a Universidade de Bos Aires, e a Universidade Nacional de Catamarca.

Colaboración na internacionalización

As tres universidades galegas están a desenvolver unha estratexia conxunta de presenza en grandes eventos internacionais dirixidos á captación de estudantes e presenza institucional. Trátase de optimizar os recursos dispoñibles e ter un impacto maior. Deste xeito, as institucións do SUG xa participaron conxuntamente no Europosgraos Chile, que se ven de celebrar os pasados 8 e 9 de abril en Santiago de Chile.

Máis información en:

http://www.europosgrados.com.ar/cms2011/
http://dl.dropbox.com/u/7995063/09-Taller%20CEURI%20RedCIUN%202011.doc

http://www.usc.es/oiu
http://www.usc.es/internacional

http://www.udc.es/sape

http://www.uvigo.es

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-04-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES