Notas de prensa

O CGAC presenta o mellor do novo cine galego

O ciclo Novo Cinema Galego amosa a partir do xoves 28 de abril os traballos de autores como Peque Varela, Marcos Nine, Eloy Enciso, Lois Patiño, Ángel Santos ou DSK. As proxeccións celebraranse ás 19.30 horas dos días 28 de abril, 5, 19 e 26 de maio.

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle a partir do 28 de abril o ciclo Novo Cinema Galego, unha escolma de traballos de autores como Peque Varela, Marcos Nine, Eloy Enciso, Lois Patiño, Ángel Santos e DSK, colectivo formado por Juan Lesta e Belén Montero. En palabras dos organizadores destas xornadas, Martin Pawley, Xurxo González e José Manuel Sande, a ruptura cunha liña continuísta, a asunción de riscos e a vontade de participar nos mesmos debates estéticos e argumentais que o resto do planeta son, entre outras, as características comúns destes autores.

O ciclo de cinema organizarase en seis sesións que terán lugar os vindeiros 28 de abril, 5, 19 e 26 de maio, así como o 9 e 16 de xuño en horario de 19,30 horas no auditorio do CGAC. Do mesmo xeito haberá tamén novas citas dentro do programa de visitas guiadas por profesionais do ámbito cultural e artístico, os martes ás 19,30 horas. O 26 de abril, o crítico Ramón Rozas analizará a exposición Abstracción Racional; o 10 de maio será a quenda da historiadora da arte María Álvarez Cebrián coas Últimas adquisicións. Colección CGAC e o 24 de maio a do presentador Carlos Roma con Estades listos para a TV?.

Esta fin de semana retomaranse as visitas guiadas sen cita previa. A saída será ás 13,00 horas desde a recepción do centro e percorren o longo de sesenta minutos as diferentes exposicións do centro.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-04-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES