Buscador
Noticias
O presidente da Xunta destaca que esta mostra de arte contemporánea, na que se dan cita arredor de 300 artistas, crece a pesar das dificultades e irrompe con forza no panorama cultural a pesar dos seus escasos anos de vida.
O conselleiro de Cultura e Turismo deu a coñecer a infraestrutura deseñada polo arquitecto estadounidense Peter Eisenman a unha delegación de empresarios de Estados Unidos, no marco da iniciativa U.S.Leaders Program, patrocinada pola Fundación Consello España-EEUU.
A proposta vincula a música contemporánea coas exposicións que se exhiben no CGAC: a da artista italobrasileira Anna María Maiolino; a colectiva Estades preparados para a televisión?; e a do norteamericano Jeff Wall. Este ciclo está vencellado coa creación musical do século XXI.
O presidente da Xunta destaca durante o acto que os galardonados son 54 exemplos de que se pode superar a resignación, mirar adiante con confianza e destacar nun escenario cheo de probas eliminatorias e avoga pola universidade galega.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística apoia a terceira edición do Certame de Cinema OUFF Escola, unha iniciativa que se enmarca no XVI Festival de Cine Internacional de Ourense e que entende o audiovisual como unha canle importante para a dinamización do uso do galego.
O III Congreso Internacional sobre a Cultura Celta. Os celtas da Europa Atlántica celébrase en Narón nos próximos 15, 16 e 17 de abril e contará coa presenza dos principais expertos europeos e internacionais no estudo da cultura e civilización celta.
O Centro Dramático Galego arranca os ensaios da Ópera dos tres reás, protagonizada por Luis Tosar e dirixida por Quico Cadaval. A estrea está prevista para o 23 de xuño e seleccionarase unha orquestra de seis músicos.
A secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia bota a andar os cursos Celga 1 en liña de 2011, preparatorios para as probas de certificación de coñecemento de lingua galega entre a poboación adulta.