Notas de prensa

Política Lingüística aposta pola formación en liña do galego entre adultos

A secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia bota a andar os cursos Celga 1 en liña de 2011, preparatorios para as probas de certificación de coñecemento de lingua galega entre a poboación adulta.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciou os cursos en liña preparatorios para as probas de certificación de lingua galega no nivel Celga 1. Trátase dun total de tres cursos que serán seguidos por 150 persoas desde hoxe e ata o próximo 15 de xuño.

Cada curso en liña consta de 10 unidades didácticas de traballo de todas as competencias lingüísticas (expresión e comprensión oral, e expresión e comprensión escrita). Á súa vez, cada unidade inclúe 50 actividades, distribuídas en tres bloques. Estas unidades correspóndense cunha área temática comunicativa: “Que hai para comer?”, “Xa sei por onde teño que ir!”, “Dóeme todo o corpo”, “Quedamos despois do traballo” etc.

A metodoloxía do curso é sinxela e baséase na utilización de recursos audiovisuais e ferramentas lingüísticas tecnolóxicas co apoio dun titor que acompaña o proceso de aprendizaxe. Ademais, a plataforma virtual conta cun foro interno de opinión e de debate para o alumnado.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística completa a súa oferta de formación en liña para este ano cos primeiros cursos de linguaxe administrativa galega, un total de 13, dirixidos á formación en galego do persoal da Administración pública de Galicia.

Fórmulas didácticas innovadoras

O desenvolvemento de cursos en liña é unha aposta da secretaría xeral para darlle facilidades ao maior número posible de xente adulta para aprender a lingua galega, aproveitando as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación para os medios formativos. Deste xeito, o sistema de formación en liña impulsado pola secretaría xeral responde ao obxectivo do Plan xeral de normalización da lingua galega de potenciar a aprendizaxe do galego na poboación adulta mediante fórmulas didácticas innovadoras que garantan resultados comunicativos satisfactorios.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-04-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES