Notas de prensa

Entregados os 54 Premios Fin de Carreira 2009-2010

O presidente da Xunta destaca durante o acto que os galardonados son “54 exemplos” de que se pode “superar a resignación, mirar adiante con confianza e destacar nun escenario cheo de probas eliminatorias” e avoga pola universidade galega.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que os estudantes Premio Fin de Carreira 2009-2010 supoñen “54 exemplos” de que se pode facer fronte ás actuais dificultades. “Sodes 54 exemplos de que se pode superar a resignación, se pode mirar adiante con confianza e se pode destacar nun escenario cheo de probas eliminatorias”, afirmou durante a súa intervención no acto de entrega destes recoñecementos.

Feijóo avogou por “seguir fortalecendo” o sistema universitario da comunidade autónoma. “É xusto que recoñezamos a importancia dos alicerces que o fixeron posible e que están –ademais de nas familias- na nosa Universidade. E é necesario que nos comprometamos a seguir fortalecendo eses alicerces para as xeracións vindeiras”, incidiu.

Neste contexto, Feijóo subliñou que “o novo tempo universitario xa se está construíndo” a través de “tres instrumentos básicos”. O primeiro, o Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego 2011-2015 e a futura Lei de Universidades que, nos ámbitos económico e lexislativo, permitirán “un modelo organizativo máis competitivo, integrador e racional”.

O segundo, os “dous Campus de Excelencia Internacional” –o Campus Vida da Universidade de Santiago, e o Campus do Mar de Vigo- que “consolidan as estratexias de investigación abertas en campos como a biomediciña e o espazo marítimo”. E finalmente, o Plan I2C, que “considera a Universidade galega, xunto coas empresas que innovan, como un dos piares fundamentais para intensificar a aposta pola investigación e a innovación”.

Así, o presidente galego sinalou que “cun sistema universitario máis forte, Galicia ensánchase e todos os galegos temos máis motivos para sentirnos orgullosos do que somos”, ao tempo que resaltou a figura dos premiados, “que son a ilustración de que Galicia é un gran país cun gran capital humano que fai posible crer no seu futuro”. “O reto é que esa enerxía individual se transforme en enerxía colectiva”, engadiu o presidente galego remarcando o valor do coñecemento como factor diferenciador por enriba de compoñentes económicos ou sociais.

“Felicítovos, plenamente consciente de que non se chega a un sitio coma este se antes non se suou a camiseta. Xa tedes as receitas que vos farán o camiño máis levadeiro: excelencia profesional, pensamento crítico e conciencia cidadá”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-04-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES