Archivo de Notas de Prensa

Buscador

Notas

Foto de nota destacada (portico-gloria-usc.jpg) Dende o regreso a Compostela das esculturas de Ezequiel e Xeremías que o Mestre Mateo pensou para a entrada do Pórtico da Gloria, o Museo do Pobo Galego mantenas expostas nunha mostra que combina a investigación histórico-artística máis avanzada coas últimas tecnoloxías en virtualización do patrimonio. Así, o discurso museográfico da exposición apóiase nunha peza audiovisual que en 16 minutos achega a primeira reconstrución integral da fachada do Pórtico da Gloria da que formaron parte as dúas figuras.
Foto de nota destacada (20260108-udc.jpg) A investigadora Patricia Muñiz Núñez, do Grupo Persoa-Ambiente da UDC, vén de recibir o Premio González Llanos de Investigación en Enxeñaría e Arquitectura, que outorga o Concello de Ferrol, polo seu traballo 'De la emergencia a la recuperación'. A docente de Área de Composición Arquitectónica recibiu este recoñecemento polos seus traballos en vivenda de transición e reasentamento para persoas desprazadas.
Foto de nota destacada (museovirtualrosalia-usc.jpeg) O Museo virtual de iconografía de Rosalía de Castro nace como primeiro espazo dixital integramente dedicado á iconografía rosaliana, pensado tanto para a investigación como para a divulgación e a educación patrimonial. O percorrido organízase en torno a un extenso e heteroxéneo corpus de fontes visuais que abrangue desde o século XIX ata a actualidade, o que permite rastrexar distintos réximes de representación e estratexias de memorialización.
Foto de nota destacada (inmaculada-gomez-udc.jpg) A investigadora Beatriz Galindo, Inmaculada Jennifer Gómez, do grupo Nanoself do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC, recibiu este luns o Premio de Investigación Ángeles Alvariño do Concello de Ferrol polo traballo 'Nanomateriais sostibles para unha biomedicina do futuro: terapias avanzadas contra o Alzheimer e valorización de residuos'.
Foto de nota destacada (20251229-usc.jpg) O Museo Universitario A Domus do Mitreo e o Museo do Castro de Viladonga organizan unha mostra con motivo dos 25 anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. A Muralla, tal e como destaca a profesora da USC, Dolores Dopico, 'tivo unha especial relación coa Domus, xa que a súa construción supuxo destruír a casa, da que só quedou en pé o seu Mitreo'.
Foto de nota destacada (citius-usc.jpg) O desenvolvemento de talento especializado nas distintas áreas do sector tecnolóxico (IA, Big Data, Ciencia de Datos...) é un dos grandes desafíos do sector tecnolóxico, facendo da colaboración entre universidade e empresa unha ferramenta clave. Neste contexto nace o Observatorio DXC, unha iniciativa posta en marcha en 2017 entre a USC e a compañía DXC Technology para achegar formación e investigación ás necesidades reais dos profesionais.
Foto de nota destacada (20251223-udc.jpg) O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Foto de nota destacada (20251223-uvigo.jpg) Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
Foto de nota destacada (20251218-USC.jpg) O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
Foto de nota destacada (20251218-udc.jpg) O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.

Archivo

2026 (2)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES