
O encontro ten lugar na sede de NORMAL e no Conservatorio Superior de Música da Coruña, e articúlase como un espazo de intercambio orientado a fortalecer o ecosistema cultural galego e ampliar as súas conexións con artistas de dentro e fóra do territorio. Cada edición concíbese como un lugar de encontro e construción de redes, onde artistas, comisarios e institucións atópanse para compartir procesos de traballo e visibilizar prácticas diversas que abren novas posibilidades de colaboración.
DentroFora funciona tamén como unha plataforma para a presentación de intervencións artísticas e procesos en curso, promovendo unha reflexión sobre a creación contemporánea e a súa relación cos contextos nos que se desenvolve. O encontro fomenta iniciativas culturais e investigacións artísticas vinculadas á comunidade.
Nesta terceira edición preséntanse os proxectos desenvolvidos ao longo de 2024 polos artistas Fermín Jiménez Landa e Branca Gracia (xunto a Faia Díaz), así como os procesos de investigación en curso das persoas actualmente residentes: Ibon Aranberri e Raphael Escobar.
Ademais das presentacións individuais, o programa inclúe unha charla-debate a cargo de Ángel Calvo Ulloa (comisario e escritor) e Marta Mestre (comisaria, Museu de Arte Contemporânea/Centro Cultural de Belém (MAC/CCB) en Lisboa), e integrantes do comité de selección do programa, xunto a Susana González, directora Centro de Arte FMJJ. A conversación propón un formato aberto para contrastar perspectivas e ampliar o marco operativo da creación artística en Galicia.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.