
O audiovisual é froito do traballo do proxecto KosmoTech_1200 da USC e o CISPAC responsable da reconstrución dixital do coro do Mestre Mateo e a colaboración da Fundación Catedral de Santiago e do Consello da Cultura Galega. Francisco Prado-Vilar está á fronte na dirección cientÃfica e Alexandre González Rivas na virtualización e restauración dixital mediante a implementación dun workflow complexo que integra máis de once softwares especializados (entre eles Blender, ZBrush, Substance Painter, Unreal Engine e DaVinci Resolve).
Reconstrución integral da fachada do Pórtico da Gloria
A peza recupera as policromÃas orixinais das esculturas, baseándose nos estudos de pigmentos e motivos decorativos da primeira policromÃa do Pórtico e en documentación comparativa, de xeito que ofrece unha lectura iconográfica da composición e movemento das vestimentas e do simbolismo dos personaxes. Deste xeito, apréciase con nitidez o colérico visionario Ezequiel e o desolado XeremÃas. Para Francisco Prado-Vilar, as esculturas volven a Santiago cun espÃrito novo, xa que o coñecemento que adquirimos sobre elas grazas ás investigacións que acompañaron o seu proceso de recuperación contribuÃron decisivamente á súa revalorización”.
Cada unha das obras que poden admirarse na peza documental foi obxecto dun rigoroso e laborioso proceso de restauración dixital que combina fotogrametrÃa de alta resolución, o esculpido 3D para a anastilose dos fragmentos perdidos “e unha restitución cromática integral destinada a recuperar o naturalismo emotivo que caracterizaba as efixies mateanas, asà como a optimizar a lectura formal das súas vestimentas”, explica Prado-Vilar. Este procedemento permite apreciar “a extraordinaria sofisticación do deseño de panos, cuxos pregues se concibiron para responder aos fluxos de aire do nártex onde orixinalmente se situaban as esculturas”, engade.
Pero na reconstrución audiovisual do Pórtico non só se descobren as figuras de Ezequiel e XeremÃas na súa forma e colocación orixinais; tamén se aprecian de forma inédita outras obras mestras do Pórtico como as Testemuñas da Apocalipse, Enoc e ElÃas, que hoxe se atopan no Museo de Pontevedra; a estatua-columna descuberta en 2016 que seguramente representa o profeta ZacarÃas, un personaxe enigmático que terÃa ocupado o umbral da fachada mateana “anticipando a análoga posición que lle outorgarÃa Miguel Angel no acceso á Capela Sixtina”, engade Prado; ou a extraordinaria efixie de Santiago miles Christi, a primeira representación monumental de Santiago como cabaleiro, orixinalmente disposta na parte baixa fachada da cripta do Pórtico para recibir as comitivas de nobres, prÃncipes e reis que acudÃan á catedral do Reino de Galicia para ser investidos cabaleiros.
Entre estas actuacións destaca a restauración dixital da escultura do rei Salomón. A intervención centrouse na recuperación da cabeza orixinal, hoxe substituÃda por unha prótese pétrea posterior que altera de maneira significativa a coherencia formal e expresiva da figura. Durante moito tempo creuse que a cabeza primitiva fora destruÃda no século XVII; porén, a investigación arquivÃstica permitiu identificar dúas fotografÃas do século XIX (unha frontal e outra lateral) nas que se comproba con claridade que aÃnda se conservaba daquela.
A partir destas imaxes, e mediante unha análise comparativa coa cabeza do rei David procedente do mesmo obradoiro, levouse a cabo un proceso de anastilose dixital mediante esculpido 3D que permitiu reintegrar a cabeza cun elevado grao de precisión morfolóxica e estilÃstica. Esta restauración dixital recupera a integridade formal e a dinámica expresiva da escultura, poñendo de relevo a sofisticación do seu deseño, o refinamento do tratamento dos panos e o seu intenso sentido do movemento, cualidades que a sitúan entre as obras mestras da escultura medieval.
Ademais da restauración escultórica, abordouse tamén a recuperación de elementos estruturais fundamentais da fachada a partir de modelos fotogramétricos. Entre eles destaca o arco principal, reconstruÃdo integramente a partir das dovelas conservadas. “Estas pezas revelan un nivel de sofisticación volumétrica e ornamental excepcional, con presenza de motivos xeométricos de clara raigame andalusÃ, e permiten comprender a magnitude dunha entrada que superaba os sete metros de luz, unha das grandes fazañas técnicas e visuais do Pórtico”, advirte Prado-Vilar.
Xunto a este traballo, levouse a cabo a restauración dixital do único rosetón conservado, procedente dunha das entradas laterais. A reconstrución das partes perdidas e da súa policromÃa fixo posible empregalo como modelo para a visualización do gran rosetón central, hoxe desaparecido, pero célebre na súa época e coñecido nas fontes como o «espello grande».
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.