
A iniciativa que agora dá os seus primeiros pasos é o resultado do proxecto Rosalía 2.0: catalogación, estudo e dixitalización da iconografía sobre Rosalía de Castro, un traballo desenvolvido durante o curso 2024-2025, grazas a unha bolsa de investigación en humanidades da Deputación da Coruña, por Laura Camino Plaza. Cedido para a súa preservación e difusión á Cátedra Rosalía de Castro da USC, este museo reúne e fai accesible material visual fundamental para comprender como se representou e conmemorou a imaxe da autora ao longo do tempo.
A investigación de Laura Camino permitiu reunir, analizar e difundir un corpus iconográfico heteroxéneo, procedente de distintas fontes e épocas, e transformalo nun espazo dixital accesible e susceptible de actualización, pensado tanto para o público xeral como para a comunidade académica. A posibilidade de incorporar novas pezas garante que o museo permaneza como un proxecto vivo e colaborativo, destacan dende esta cátedra institucional da USC.
Laura Camino Plaza é filóloga clásica e doutora en Estudos da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en estudos de xénero, teoría e historia das emocións e humanidades dixitais, ámbitos nos que desenvolveu varios proxectos de investigación e publicou diversos artigos. O seu proceso de traballo para este proxecto combinou metodoloxías tradicionais de análise documental coa aplicación de ferramentas dixitais, demostrando a utilidade de integrar enfoques interdisciplinarios no estudo do patrimonio literario.
Rosalía, símbolo identitario en continua reconfiguración
Entre as conclusións da investigación, destaca a pluralidade de imaxes de Rosalía de Castro, que revela a súa condición de mito en continua reconfiguración, capaz de adaptarse ás necesidades simbólicas e afectivas de cada época. Por outra banda, a dimensión emocional e identitaria da iconografía rosaliana explica a permanencia da autora no imaxinario galego, onde funciona como elemento cohesivo dunha comunidade cultural diversa e mesmo transnacional. Finalmente, o percorrido proposto no museo virtual permite analizar o papel das institucións e do mercado cultural na consolidación, homenaxe e reapropiación da imaxe da escritora, facendo visibles as lóxicas institucionais e as estratexias de mercantilización que interveñen na canonización da autora e na reformulación estética e simbólica da súa representación iconográfica.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.