//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
O ata agora Centro singular de investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS), acaba de presentar a súa nova identidade como Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, converténdose deste xeito no único neste ámbito existente en Galicia e un dos tres que existen unicamente a nivel nacional. No acto de presentación celebrado no propio centro participaron o reitor Antonio López, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o novo director científico do centro, o catedrático Senén Barro Ameneiro.
O encontro informático Technium R Encounter acollerá este ano no seu espazo extranet (aberto a todos os públicos) as dúas accións do programa educativo e tecnolóxico crea R para pequenos e maiores. Trátase de obradoiros de robótica para os peques e charlas didácticas para os maiores co alicerce das bondades que as novas tecnoloxías nos ofrecen se as usamos axeitadamente. Os talleres de robótica, dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, desenvolveranse de 11:00 h a 13:00 h na sede da lan party, en Expourense, coa finalidade de potenciar a creatividade nos cativos, espertar o seu espírito emprendedor e adestralos en habelencias coma o traballo en equipo ou a oratoria.
Un sistema de acendido intelixente para coches que se bloquea se estás bébedo, unha cadea de comida rápida saudable, un invernadoiro de patacas para astronautas, un sistema ecolóxico de loita contra a avespa velutina, un casco con luces LED para evitar atropelos de ciclistas e bioplásticos de orixe orgánica son só algúns exemplos dos proxectos que participarán na Galiciencia 2019. A décimo cuarta edición da maior feira científica de Galicia rexistrou este ano un récord absoluto de proxectos candidatos a participar. Os 50 stands dispoñibles para os traballos de Secundaria e Bacharelato que competirán polo premio final foron disputados por 134 equipos. Ata este ano, o número máximo de propostas recibidas fora de 83.
Durante o segundo trimestre deste ano o Plan DigiTalent, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), amplíase con tres novas actuacións: a fase local da World Robot Olympiad e as Bolsas DigiTalent, ambas impulsadas pola Amtega, e a iniciativa The North Codes promovida pola empresa DXC Technology. Estas actuacións súmanse ás catorce iniciativas que veñen desenvolvendo desde o inicio do curso 2018-2019 e coas que a Amtega e o sector TIC suman esforzos para avanzar no desenvolvemento de dous dos eixos estratéxicos do Plan DigiTalent: as vocacións científico-tecnolóxicas e os novos perfís dixitais.
No ano 2018 a porcentaxe de mulleres traballadoras no Hipersector TIC, que integra os sectores tecnolóxico e de contidos, é do 33,9%, o que representa un total de 7.891 mulleres. O sector contidos é o ámbito no que as mulleres contan cunha maior representación, acadando o 41,9%, mentres que no sector TIC a porcentaxe é do 31,6%. En termos evolutivos, no ano 2018, produciuse un crecemento significativo do emprego das mulleres no Hipersector TIC. As afiliacións á Seguridade Social no Hipersector TIC incrementáronse no 2018 en 1.335 persoas (6,1%). Delas, 354 eran mulleres, o que supón un incremento do 4,7%.
Despois do anuncio, o venres pasado, dos dezaseis proxectos preseleccionados na primeira edición da aceleradora BFAero, especializada no sector aeroespacial, os seus promotores tiveron que defender as súas candidaturas, primeiro nunha entrevista persoal que mantiveron co equipo promotor e despois a través de breves presentacións ante o comité executivo no marco do Pitch Day. Tras a deliberación do comité executivo comunicáronse os proxectos seleccionados e fíxoselles entrega dos diplomas acreditativos. Das seis iniciativas, o 50% proceden de Galicia, mentres que as tres restantes teñen a súa orixe en Madrid e a Comunidade Valenciana.
A Deputación da Coruña presentaron aos alcaldes, concelleiros e técnicos da provincia o programa PEL-Concello Dixital, co que o goberno provincial pretende impulsar a transformación dixital dos pequenos concellos coruñeses en 2019. A Deputación vén de aprobar a inclusión no Plan de Emprego Local (PEL) dunha nova liña denominada PEL-Concello Dixital, cun orzamento de 693.209 euros, que permitirá a contratación de técnicos especialistas que darán soporte in situ e acelerarán a implantación da e-administración nos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes. A través desta iniciativa preténdese crear emprego e axudar a mellorar a formación e cualificación dos empregados municipais.
Un total de 65 estudantes de 12 a 17 anos terán unha oportunidade única de experimentar en primeira persoa unha xornada laboral con profesionais das grandes empresas do sector TIC en Galicia, co obxectivo de mellorar a visión que proxectan as profesións científico-tecnolóxicas e a percepción que os máis novos teñen delas. Trátase da segunda edición do Programa Tecnólogo por un día, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no marco do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent. As cifras de participación nesta actividade superaron as 200 solicitudes, o dobre que na edición anterior.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) acaba de formalizar un acordo de colaboración con Alastria, co obxectivo aplicar a tecnoloxía Blockchain á xestión pública. En virtude do acordo a Administración autonómica poderá crear o seu propio nodo de Blokchain na rede de Alastria, beneficiándose dos protocolos da Asociación. Deste xeito, desde Galicia poderanse xeral pilotos con esta tecnoloxía ao servizo da investigación, a formación e a experimentación nesta tecnoloxía. Alastria é un consorcio multisectorial sen ánimo de lucro que ten como obxectivo fundamental a implantación do Blockchain en España.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a consultora Gartner inician unha colaboración estratéxica para achegar as tecnoloxías disruptivas ao ecosistema dixital galego. O acordo, que foi anunciado hoxe, facilitará o acceso a contidos elaborados por expertos de primeiro nivel en tecnoloxía que esta consultora internacional ten ao redor do mundo. Por outra banda, a Axencia contará co asesoramento especializado de Gartner na elaboración da futura estratexia dixital post 2020. No contexto actual no que as tecnoloxías evolucionan vertixinosamente é fundamental para o sector tecnolóxico dispoñer de información de valor das novas tendencias e mercados para poder adoptar adecuadamente decisións estratéxicas para a súa competitividade.
Unirisco e Noso Capital co apoio da tres universidades galegas e a Xunta de Galicia promoven unha xornada que reunirá, por primeira vez en Santiago, os 30 principais inversores que impulsan o emprendemento en innovación e transferencia tecnolóxica que operan en España, xunto co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxica Industrial.
O Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (Ifcae), con sede no campus de Ourense, arranca a súa actividade. Este venres celebrouse a xuntanza de constitución da súa xunta directiva, sendo elixido como director comisario o profesor Ángel Paredes. Doutor en Física, Ángel Paredes é profesor titular no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, institución á que se incorporou no ano 2011.
O grupo de investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC segue a traballar nas posibilidades que as tecnoloxías da información achegan para o desenvolvemento de intervencións psicolóxicas que promovan o avellentamento activo. O grupo está avaliando a eficacia que pode acadar un videoxogo en liña, unha plataforma virtual e a súa correspondente app móbil.
A Universidade de Vigo participa nun megaproxecto europeo co que se tentará avanzar no coñecemento e predición dos impactos do cambio climático nos sistemas mariños. Coordinado desde os Países Baixos polo profesor Myron Peck, do Royal Netherlands Institute for Sea Research, participan 34 institucións de 17 países e cóntase cun orzamento superior aos 10 millóns de euros, dos que 380.000 lle corresponden á Universidade de Vigo.
O profesor da Universidade suíza de Lausanne e un dos maiores expertos en experimentos de física de partículas do mundo, Tatsuya Nakada, visitou este luns a USC, onde asinou no Libro de Honra da institución logo de ser recibido, no Colexio San Xerome, polo reitor Antonio López. O profesor Nakada estivo acompañado polo vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri, e polos investigadores do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Bernardo Adeva e Diego Martínez.
Fernando Pérez-González e Alberto Pedrouzo, coordinados polo centro de investigación Gradiant, ocuparanse da dirección científica do proxecto europeo Trumpet, que pretende desenvolver unha ferramenta eficaz que evite as fugas de información e perdas de privacidade.
Faltan 60 días para que chegue a Vigo o festival científico CinVigo, organizado polo Centro de Investigacións Biomédicas da UVigo. Trátase dunha nova iniciativa coa que este centro de I+D+i, no que traballan máis de 200 persoas, busca achegar a ciencia que día a día se fai nos seus espazos ás prazas e rúas, convertendo así o centro da cidade olívica nun auténtico laboratorio científico do que poida ser partícipe toda a cidadanía.
Desde o pasado mes de novembro, un equipo liderado desde a Universidade de Vigo e con participación da Universidade da Coruña e do Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales Catec, está a desenvolver o proxecto Eagle, de Dixitalización do espazo aéreo e mariño para o despregue de sistemas aéreos non tripulados aplicados ao mantemento de parques eólicos offshore.
O proxecto AWARE conta con máis de cinco millóns de euros para desenvolver, na rexión italiana de Puglia, un sistema acuapónico que combina a acuicultura tradicional coa hidroponía, o cultivo de plantas na auga, a partir do uso de augas residuais rexeneradas.
Que unha persoa galegofalante poida interactuar co mundo dixital na súa lingua precisa do desenvolvemento da tecnoloxía que o faga posible e para que esta tecnoloxía entenda e fale galego son necesarias gravacións de voces (datasets), que permiten adestrar os algoritmos de intelixencia artificial que usan os axentes conversacionais por voz, en dominios como, por exemplo, a saúde ou os trámites administrativos, que resultan especialmente necesarios no caso das persoas maiores ou con algunha discapacidade.