
O pasado 8 de xullo, Jesús Mosquera, investigador Ramón y Cajal no grupo NanoSelf do CICA da Universidade da Coruña (UDC), publicou un artigo en Science, unha das revistas científicas máis prestixiosas do mundo.
O traballo publicado en colaboración coa Universidade Tecnolóxica de Eindhoven (TU/e) describe un fenómeno químico nunca antes observado e que, en certa maneira, excede os límites da razón. Os investigadores descubriron que, engadindo máis auga a unha disolución acuosa de certos compoñentes (sol), sorprendentemente a mestura pasa a estado sólido (xel).
Trátase dun resultado totalmente imprevisto, xa que se esperaría que, a maior cantidade de disolvente engadido, máis líquida quede a mestura. Non obstante, os investigadores demostraron que isto pode non ser así, e a este fenómeno o denominaron transición sol-xel, xa que hai unha transformación dun estado a outro. «Basicamente rompemos o mito de que a disolución conduce a unha menor interacción entre moléculas e, polo tanto, a un estado máis líquido, onde as moléculas quedan diluídas. Neste traballo, atopámonos un bonito exemplo do contrario debido á interacción entre dous sistemas [supra]moleculares con estruturas químicas completamente diferentes» explica Mosquera.
O termo supramolecular alude a aquelas moléculas capaces de interaccionar consigo mesmas, e con outras moléculas, para formar complexos por medio de enlaces débiles reversibles. Nas nosas células atópanse estes complexos moleculares desempeñando roles fundamentais para a supervivencia, como a división celular ou a replicación do ADN. Así, este mecanismo de interacción, a primeira vista contraintuitivo, podería explicar certos fenómenos que ocorren de maneira natural no noso organismo. Por exemplo, sábese que existen orgánulos sen membrana que regulan procesos vitais para a célula, como os corpos de Cajal ou os gránulos de estrés. Como se forman ou como se dilúen son preguntas que están sen responder, e o descubrimento in vitro deste fenómeno podería ser clave para entender estes condensados biomoleculares.
Como moitas veces ocorre en investigación, uns experimentos derivan en outros insospeitados, e é que os autores do traballo, Jesús Mosquera e a súa colega Lu Su, fixeron esta observación por casualidade. «Estabamos avaliando a interacción entre dúas unidades tipicamente usadas na química supramolecular cando nos atopamos con este fenómeno», recoñece Mosquera.
Sobre o CICA
O CICA é o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía creado na Universidade da Coruña en 2015. Conta con máis de 150 investigadores/as organizados/as en tres áreas científicas que van desde a biomedicina ata a ciencia dos materiais. A excelencia investigadora, a transferencia tecnolóxica e a transmisión de coñecemento á sociedade forman os tres piares sobre os que se fundamenta o centro de investigación. É recoñecido pola atracción de talento, a visibilización da muller científica e a promoción da igualdade de xénero, contando cunha presenza feminina superior ao 50%.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.