Noticias

Máis do 97% dos fogares galegos con nenos e estudantes ten contratado internet

O 97,5% dos fogares galegos con nenos e nenas en idade escolar (3 a 16 anos) ten contratado banda larga, aumentando un 3,9% respecto ao ano anterior e superando en 17,6 puntos aos fogares onde non residen estudantes. A contratación deste servizo aumenta nos fogares onde residen estudantes maiores de 16 anos, acadando o 98,9% e amosando a incidencia de Internet no período escolar e universitario. Así se recolle no estudo “A Mocidade e as TIC. Edición 2018” que publica o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, adscrito á AMTEGA.

A convivencia con nenos en idade escolar (3 a 16 anos) e estudantes maiores de 16 anos, aumenta o uso de ordenadores e móbiles nos fogares e tamén a navegación por Internet. O uso de dispositivos electrónicos (ordenador, smartphone,...) acada xa ao 98,5% dos mozos e mozas de 16 a 34 anos, confirmando que convivir con nenos/as en idade escolar obrigatoria é un factor potenciador do uso das TIC nos fogares galegos, xa que superan supera en 23,9 puntos porcentuais aos datos que rexistran as persoas maiores de 35 anos.

A contratación practicamente universal de Internet nos fogares onde residen nenos e nenas tradúcese nun aumento tamén significativo do seu uso, de xeito que un 98,3% de mozos e mozas de 16 a 34 anos navegou por Internet nos últimos 3 meses, fronte ao 77,2% dos maiores que navegaron por Internet nese período (35 a 74 anos).

En relación á frecuencia do uso de Internet, o 92,7% dos mozos e mozas de 16 a 34 anos navega diariamente, fronte ao 78,8% de internautas de máis idade (35 a 74), o que amosa unha diferenza xeracional de 13,9 puntos porcentuais neste indicador.

Respecto aos hábitos dos internautas, aumentan as compras de bens ou servizos a través de Internet nos 3 últimos meses entre os máis novos. Máis da metade dos mozos entre 16 e 34 anos (52,9%) compraron a través Internet. Esta porcentaxe redúcese á metade (25,2%), no caso dos de idades entre os 35 e os 74 anos. No último ano, as compras a través de Internet aumentaron 4,9 puntos entre a poboación de 16 a 34 anos, superando o ritmo de crecemento que se rexistra no tramo de idade de 35 a 74 anos (2,7 puntos de aumento).

Constárase a diferenza de coñecementos en TIC entre mozos e maiores tamén na análise dos trámites realizados coas administracións públicas, onde os internautas máis novos (16 a 34 anos) relacionáronse en maior medida coas administracións públicas a través de Internet, especialmente no referente á procura de información (83,8%) ou ao envío de formularios cubertos (79,3%). As diferenzas cos trámites feitos por internautas de 35 a 74 anos rondan os 23,3 puntos no caso da procura de información e 18,8 puntos no envío de formularios.

Os obstáculos no uso das TIC varían segundo a convivencia con nenos

As motivacións para non contratar aínda de Internet nos fogares con nenos e nenas en idade escolar, continúan sendo os custos de equipamento e conexión. Pola contra, nos fogares que non teñen menores en idade escolar (3 a 16 anos), a razón principal para non dispoñer de Internet é a percepción de que non lles resulta útil nin interesante.

R., 2018-11-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES