
A exposición, organizada na Coruña en colaboración con ILUX Visual Technologies, inaugurarase a comezos do mes de setembro e conta cunha montaxe que ocupará todo o edificio, dividido en catro apartados diferentes. «The Dream of AI» é a primeira parada no percorrido. Nela demóstrase que os inicios da intelixencia artificial son moito máis antigos do que normalmente se cre, xa que se remontan a tradicións relixiosas coma o xintoísmo xaponés ou a cultura xudía. Comprender como este desexo histórico de dar vida a seres inertes permitiu ao home explorar o seu lugar no mundo axuda a entender a súa percepción e relación coa tecnoloxía.
A segunda sección da exposición leva por nome «Mind Machines» e amosa como a intelixencia artificial cobra forma grazas aos avances informáticos e matemáticos dos século XIX e XX, e como estes seguiron expandíndose a grande velocidade no século XXI dando á tecnoloxía capacidades espectaculares como ocorre coas redes neuronais artificiais.
Os visitantes terán a oportunidade de ver e interactuar con proxectos de investigación e sistemas punteiros no campo. Entre eles atópanse aplicacións históricas como a máquina Enigma e a máquina Bombe de Alan Turing, elementos claves no transcurso da II Guerra Mundial. Pero tamén desenvolvementos máis recentes de empresas como DENSO Corporation, que expón o seu brazo robótico, e o departamento de Arte e Cultura de Google, que presenta unha obra interactiva que achega a intelixencia artificial á poesía británica do século XIX, entre outras moitas obras.
«Data Worlds» é a terceira sección de AI: More than human. Nela ofrécese unha análise da infinidade de aplicacións que ten esta tecnoloxía, así como a súa incorporación a campos como a sanidade, o xornalismo ou o comercio.
As obras desta sección achegan ao visitante ás cuestións éticas e morais que rodean actualmente á intelixencia artificial e analiza como afectan no día a día, contando con desenvolvementos entre os que se atopan un simulador de condución con análisis facial ou un sistema capaz de converter os obxectos que percibe en pinturas en tempo real.
«Endless Evolution» é a última sección do percorrido e céntrase na área de investigación coñecida como A-Life, a cal amosa como a intelixencia artificial se fusiona con outras disciplinas para cambiar a nosa idea do que chamamos «natural».
Aquí, o visitante poderá ver, por exemplo, como millóns de copias dun álbum musical poden ser codificadas en ADN e gardadas dentro de botes de spray, ou incluso ulir as flores dunha árbore que se extinguiu máis de 100 anos atrás.
Ademais, deseñouse unha aplicación exclusiva para a estancia da exposición na Coruña. Trátase dun desenvolvemento que combina a intelixencia artificial co big data, todo isto aplicado ao turismo, para facilitar a busca de recursos mediante imaxes.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.