
E reuniu a máis de 150 investigadoras e investigadores, tanto da propia Universidade de Vigo, como doutras universidades e centros de investigación, entre eles, o Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga, o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, o Instituto de Neurociencias CSIC-UMH ou o BarcelonaBeta Brain Research Center.
Concibido como unha cita anual na que debater e reflexionar sobre os catro eidos temáticos representados polos grupos de investigación do Cinbio -Medicina molecular, Nutrición e benestar, Nanomateriais, e Informática para a saúde e bioestatística-, o director do centro, o profesor Miguel Correa, fixo fincapé na apertura do evento na importancia deste tipo de encontros para axudar a consolidar o Cinbio como referencia internacional, tanto na área de materiais como na de biomedicina. Os dous anos de pandemia foron moi duros, polo que esta edición será, en certa maneira, o pistoletazo de saída para reforzar as colaboracións, enfocar o centro e posicionalo onde debe estar, salientou Correa, quen tamén fixo fincapé na necesidade de que a cidade de Vigo se sinta orgullosa deste centro de investigación . Neste sentido, pronunciouse a tamén profesora da Universidade de Vigo Ana Mª Mejías, concelleira responsable da área de I+D do Concello de Vigo, quen non dubidou en referirse ao encontro como un bo exemplo de que, ademais de en industria ou en tecnoloxía, Vigo é tamén un excelente referente no ámbito científico, salientou a concelleira, quen asistiu ao evento en nome do alcalde Abel Caballero.
Pola súa banda, Miguel Correa aproveitou tamén a inauguración da xuntanza para darlle as grazas ao persoal que se encargou da organización desta V edición do Annual Meeting, os investigadores de posdoutoramento máis novos que forman parte do centro. Así mesmo, deulle tamén a benvida aos científicos internacionais que participan no encontro, unha visita que cobra especial relevancia despois de dous anos de pandemia.
Apertura a cargo da directora do CIC-biomaGUNE, Aitziber López Cortajarena
A científica española Aitziber López Cortajarena, directora científica do centro CIC-biomaGUNE de San Sebastián desde o pasado mes de xaneiro -cando substituíu no cargo ao profesor e investigador da Universidade de Vigo Luis Liz Marzán- foi a encargada de abrir o panel de ponencias. Doutora en Bioquímica, López Cortajarena é un exemplo do percorrido habitual ao que se ten que enfrontar a comunidade investigadora en España: realización do doutoramento coa axuda de bolsas de estudos, anos de estancias en universidades estranxeiras e moita experiencia na procura de financiamento para os seus proxectos. Entre outras axudas, López Cortajarena foi quen de conseguir unha prestixiosa axuda ERC Grant do Consello Europeo de Investigación dotada con 1,7 millóns de euros.
Neste caso centrou a súa intervención nos compostos de enxeñaría de proteínas e nanomateriais, un novo horizonte para os denominados medicamentos biolóxicos e as novas ferramentas de diagnóstico.
Especialistas de renome de España, Portugal, Israel e EE UU
Xunto a López Cortajarena, o programa do Annual Meeting inclúe a participación doutras investigadoras e investigadores de recoñecido prestixio internacional chegados desde diversos puntos do territorio español, así como de Portugal, Israel e Estados Unidos. A representación española completarase coa participación de Natalia Vila, investigadora no Centro de Regulación Xenómica de Barcelona; María Tomás, investigadora do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares, CIQUS, da Universidade de Santiago de Compostela; Ramón Reig, do Instituto de Neurociencias UMH-CSIC; David Ruano, do Centro de Astrobiología INTA-CSIC, e Riccardo Marin da Universidad Autónoma de Madrid.
A representación de Estados Unidos no cadro de poñentes convidados é a do profesor do Departamento de Astronomía e Física da Universidade de Ohio Alexander Govorov, un dos físicos teóricos líderes mundiais especialista nas interaccións da luz con nanomateriais. No caso de Israel, o poñente será Gil Markovich, da Facultade de Química da Universidade de Tel Aviv, especializado no estudo de simetrías quirais, fundamentais no estudo da bioquímica e dos nanomateriais sintéticos con aplicacións en bioloxía e medicina.
Desde Portugal chegarán Ana Grenha, da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade do Algarve, e David Brea, adscrito á Fundación Champalimaud de Lisboa, cuxo obxectivo é desenvolver programas de investigación biomédica avanzada co enfoque de traducir descubrimentos científicos pioneiros en solucións que poidan mellorar a calidade de vida das persoas.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.
O ciclo 'Primeira Fila' fomentará a visibilidade de novos talentos musicais, impulsado pola Fábrica de Chocolate co obxectivo de apoiar a proxección de artistas e bandas e facilitar o seu encontro co público nas salas de concertos de Galicia. O ciclo, que arrincou en maio e xa percorreu as salas de Melide e Santiago de Compostela, continuará en xaneiro con sete novas propostas. A actividade retomarase o 21 de xaneiro en La Conservera, (Viveiro), con 9Louro e Monoulious DOP. No mesmo espazo actuarán Eladio y los Seres Queridos e Capital Voskov, o 13 de febreiro, así como Marisa Valle Roso, o día 20. O 20 de febreiro Taïn ofrecerá un concerto na Sala Jagger, en Lugo, mentres que Santi Araújo estará o 27 de febreiro na Sala Arca de Noé, en Vilar de Santos.