Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

Durante seis días do mes de setembro, Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da ría de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación para todos os públicos. Preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas.
O balance de doazóns de sangue do ano 2025 destaca a participación e solidariedade de todas as persoas que realizaron 105.337 doazóns durante o pasado ano. Esta cifra representa unha taxa de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. Así, este índice segue a situarse como un dos máis elevados de España, con preto de tres puntos por riba da media estatal dos últimos anos. Destacan tamén os 9.275 doantes novos do ano 2025, un dato especialmente positivo ao representar o 12,65 % de todas as persoas que participaron. En 2025 doaron un total de 73.317 persoas.
O evento celebrarase o 8 de xuño e concentrará a máis de 30 chefs con Estrella Michelin, nunha cita que, como definiu o organizador, Rogelio Rial, 'non só pon en valor o talento culinario, senón tamén o noso territorio, o Camiño de Santiago e a capacidade dun lugar como Negreira para acoller un evento deste nivel'. Esta edición homenaxearase ao célebre cociñeiro Juan Mari Arzak e colaborarase coa asociación Art for Dent, reforzando o compromiso social da iniciativa.O director de Turismo de Galicia puxo en valor a conexión entre gastronomía e Camiño de Santiago que impulsa a iniciativa.
O Centro de Coidado Integral do Cancro de Galicia é un dos 14 centros españois designados para formar parte da rede de excelencia no tratamento do cancro no continente que a Unión Europea quere poñer en marcha, un paso fundamental cara á certificación plena que se agarda acadar no ano 2028. O obxectivo principal é consolidar Galicia como un referente de excelencia e calidade nesta materia, garantindo que os avances científicos se apliquen de forma efectiva na práctica clínica e que todos os galegos e galegas teñan acceso a unha atención oncolóxica de calidade, vivan onde vivan.
Foron presentadas as xornadas Galicia Biodays, que buscan posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Este evento vaise celebrar os días 6 e 7 de maio no Auditorio Mar de Vigo, e permitirá reforzar a marca Galicia Calidade en biotecnoloxía, fomentar o intercambio de coñecemento e establecer novas colaboracións científicas, empresariais e institucionais. Está previsto que asistan máis de 1000 persoas de 9 biorrexións convidadas, con máis de 130 relatores.
O FaCeLa Fest reúne este ano a 18 bandas, encabezadas polos ingleses Temples, os galegos Triángulo de Amor Bizarro, os asturianos Australian Blonde e as madrileñas Shego. Completan o cartel o novo proxecto lucense The Foolans, Bernal, Axolotes Mexicanos, Los Palms, Pacífica, Ripship, Error 97, Sigilu, Filophóbicas, Toldos Verdes, Las Yhadys, Aeronave Adolescente, Fotocopia e Sapo Bufo. O escenario principal trasládase nesta edición á Sala Tebras pero haberá tamén concertos noutros espazos da cidade, como o Bar Facela, no barrio da Tinería.
Galicia aposta por ampliar as melloras no ensino tamén ás etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional con novas propostas en materia de ratios, atención á diversidade e horario docente, dentro da vía de diálogo aberta entre Xunta e sindicatos. As propostas, que se elevarán aos órganos pertinentes coa previsión de comezar a aplicalas desde o novo curso que arranca en setembro, abordan melloras nas ratios de estudantes por aula na ESO e no Bacharelato, na atención que se presta ao alumnado que máis o precisa e na configuración do horario do profesorado e das súas funcións.
En 2025, Lara Weed e Jamie M. Zeitzer, da Universidade de Stanford, publicaron un artigo no que se relacionaba a práctica do cambio estacional de hora con aspectos negativos para a saúse, tanto de sintomatoloxía aguda (infartos ou accidentes cerebrovasculares), como crónica (obesidade). Agora, os profesores José María Martín Olalla, da Universidade de Sevilla, e Jorge Mira Pérez, da Universidade de Santiago de Compostela, tras analizar a metodoloxía aplicada neste estudo, constataron que 'o que o mundo leu como unha evidencia científica contra o cambio de hora resultou ser unha ilusión matemática'.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ángel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Un total de 15.733 persoas concorrerán ás oposicións de Educación deste ano 2026 segundo a listaxe provisional de admitidos publicado no Portal Educativo. Cómpre lembrar que, froito do acordo entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e os sindicatos CC.OO., ANPE, UGT-SP Ensino e CSIF, como novidade nesta ocasión os interinos non teñen a obriga de presentarse ao exame, co obxectivo de axilizar o proceso. Isto provoca un descenso de case o 23% nas probas respecto á convocatoria do ano pasado. En concreto, 4.689 aspirantes menos. A Xunta de Galicia convoca para este proceso un total de 1.601 prazas, o que supón esgotar o 120% da taxa de reposición marcado polo Estado.
« Anterior | 4  de  400 | Siguiente »

Notas sociedad

O proxecto de investigación RESCLIM@TIEMPO que lideran a USC e a Universidade de Granada, no marco da colaboración permanente entre os grupos SEPA-interea da Universidade de Santiago e Eva-EASI da Universidade andaluza, organizan esta semana no Campus compostelán o I Congreso Internacional sobre Respostas Educativas e Sociais á Emerxencia Climática e VI Seminario Internacional RESCLIMA ‘Estamos a tempo? De que estamos a tempo?’.
A Universidade da Coruña celebrou hoxe a constitución do seu novo Consello de Goberno, logo da súa renovación para adaptalo aos Estatutos da UDC e en liña co marcado pola LOSU. Logo de rematados os diversos procesos electorais desenvolvidos nas semanas anteriores, este Consello de Goberno queda conformado por un total de 63 membros, 34 homes e 29 mulleres.
A Reitoría da Universidade da Coruña acolleu a xornada “O sistema internacional contemporáneo: multilateralismo e desorde internacional”, un encontro académico de alto nivel que reuniu especialistas internacionais para reflexionar sobre os principais retos actuais da orde xurídica internacional. A xornada serviu tamén como acto de homenaxe ao profesor José Manuel Sobrino Heredia, catedrático emérito de Dereito internacional público da UDC.
Lori Meyers é unha das bandas máis recoñecidas do indie pop estatal, que regresa a Vigo tras oito anos sen actuar en grandes formatos na cidade. Coti achegará ao Galicia Fest algúns dos seus temas máis coñecidos, convertidos xa en auténticos himnos xeracionais. O artista suramericano chegará a Vigo tras completar unha xira por arxentina
O Consello de Goberno da UDC vén de aprobar a creación do Departamento de Medicina, que estará composto por 10 áreas de coñecemento: anatomía e embrioloxía humana, cirurxía, farmacoloxía, fisioloxía, historia da ciencia, medicina, medicina preventiva e saúde pública, otorrinolaringoloxía, psiquiatría e radioloxía e medicina física. O texto asinado entre as tres universidades, Sanidade e Educación prevé que a descentralización da docencia estea completada no curso 2028/2029.
Unha vez finalizado o prazo para a imposición de recursos contra a proclamación provisional da reitora electa, a USC publicou este luns 23, de acordo cos prazos establecidos no calendario electoral, a proclamación definitiva da profesora Rosa Crujeiras Casais. O acto de toma de posesión terá lugar o 10 de abril, ás 11.30 horas, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Os 'Encontros de Lúa Chea', un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación da Primavera Cultural, ofrece o xoves 26 de marzo, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, o faladoiro ‘Medios de comunicación: información ou desinformación na era das fake news'.
Dezaseteº Ribeira Sacra xa distribuíu por días a programación musical da súa 10ª edición, que se celebrará do 24 ao 26 de xullo en distintos enclaves da Ribeira Sacra lucense. The Divine Comedy, Sidonie, Baiuca, Anni B Sweet e Puño Dragón encabezan un cartel que volverá unir música en directo, patrimonio, paisaxe e identidade nunha proposta concibida para gozar da Ribeira Sacra desde dentro.
O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) será o protagonista da Nerd Nite de marzo, que se desenvolverá o xoves 26, ás 20.30 horas, na Nave de Vidán. Nesta ocasión as persoas relatoras serán persoal investigador deste centro da USC: Diego Peña Gil, Rebeca García Fandiño e Pablo del Pino González de la Higuera. A sesión leva por título 'Paseando polo mundo molecular'.
A catedrática de Estatística e Investigación Operativa Rosa Crujeiras converterase na primeira reitora da historia da USC logo de ser elixida cun total de 1.397 votos ponderados, fronte aos 721 acadados pola catedrática de Óptica Maite Flores e 148 votos ponderados en branco. O día 12 produciuse a proclamación provisional da reitora e do 13 ao 20 establécese o prazo de recursos ante a Comisión Electoral Central.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES