Noticias

Nas vindeiras semanas vanse iniciar as obras do novo Centro de Protonterapia de Galicia

As obras do Centro de Protonterapia de Galicia situaranse na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, e estará proxectada a construción duns edificios que ocuparán 3.683 metros cadrados, ademais de contar con 6.075 metros cadrados de espazos exteriores. No seu interior, o centro de terapia de protóns dividirase en dous niveis. Unha planta baixa para a recepción de pacientes e as áreas de tratamento, persoal e mantemento; e un primeiro andar onde se situará a zona de dirección e os equipamentos do edificio. Así mesmo, o inmoble contará con dous búnkers, que poderán albergar dous equipos Proteus One, reservándose o espazo para instalar, de ser o caso, un terceiro.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello acordou esta mañá, na súa xuntanza semanal, “a declaración como proxecto público de urxencia e de excepcional interese, do novo Centro de Protonterapia de Galicia”, que se situará en Santiago de Compostela.

Con este trámite, o Executivo galego culmina os procedementos urbanísticos previos necesarios para iniciar a construción dun centro sanitario que situará Galicia á vangarda dos tratamentos contra o cancro. Así, e tras entrega do proxecto por parte da empresa adxudicataria, a execución das obras comezará nas vindeiras semanas.

Deste xeito, tal e como explicou o presidente “Galicia vai ser a primeira comunidade autónoma” en iniciar as obras do centro sanitario en que se instalará un dos dez equipos de protonterapia que a Fundación Amancio Ortega ten financiado para o Sistema nacional de saúde. Así, a Xunta dotará ao Servizo Galego de Saúde dunha nova tecnoloxía máis segura, eficaz e precisa que a radioterapia convencional, na que se empregan fotóns ou electróns.

O presidente asegurou que o novo centro de Protonterapia suporá unha importante mellora na calidade asistencial que se achega á poboación galega xa que esta tecnoloxía “de ultima xeración” é “máis segura e menos invasiva que a radioloxía convencional”; permite tratar con menor radiación e de forma máis localizada aos tumores, permitirá acurtar dun xeito significativo tanto os tempos de terapia necesarios, así como os posibles os efectos secundarios que poden derivar doutras técnicas.

Outra das melloras que supón a terapia con protóns é que reduce significativamente os tratamentos innecesarios en tecidos sans, sendo unha forma eficaz para aqueles tumores nos que a radioterapia convencional non resulta efectiva, e nos que a cirurxía non é unha opción.

Por último, o feito de que a rede sanitaria pública galega conte con este novo centro, tamén suporá unha extraordinaria plataforma para a impulsar a investigación nos eidos da física e a bioloxía da radiación. Un fito ao que debe engadirse a posta en marcha do Centro de Produción de Terapias Avanzadas (CAR-T), sendo dúas unidades que incidirán na loita contra un dos maiores desafíos que enfrontan os sistemas de saúde, o cancro.

Centro de Protonterapia de Galicia

As obras do Centro de Protonterapia de Galicia situaranse na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, e estará proxectada a construción duns edificios que ocuparán 3.683 metros cadrados, ademais de contar con 6.075 metros cadrados de espazos exteriores.

No seu interior, o centro de terapia de protóns dividirase en dous niveis. Unha planta baixa para a recepción de pacientes e as áreas de tratamento, persoal e mantemento; e un primeiro andar onde se situará a zona de dirección e os equipamentos do edificio. Así mesmo, o inmoble contará con dous búnkers, que poderán albergar dous equipos Proteus One, reservándose o espazo para instalar, de ser o caso, un terceiro.

Tal e como salientou Rueda, o futuro Centro de Protonterapia de Galicia atenderá os pacientes da comunidade galega, e tamén tamén “recibirá os pacientes doutras comunidades, como Castela-León ou Asturias”.

Aparcadoiro provisional no Hospital Clínico

En previsión ao inminente comezo das obras do Centro de Protonterapia de Galicia, e ás restricións que esta actuación urbanística xerará no aparcadoiro do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, a empresa construtora está a acondicionar unha parcela próxima ao recinto sanitario, para habilitala como aparcadoiro provisional, e así compensar as prazas que se verán afectadas por estes traballos.

Neste sentido, cómpre destacar que o acondicionamento da parcela do novo aparcadoiro provisional do Hospital Clínico comezou esta mesma semana, non sendo posible iniciar estes traballos con anterioridade ao requirir dunha licenza que non foi aprobada pola Xunta de Goberno do Concello de Santiago ata o pasado luns, día 22 de xaneiro.

A Xunta de Galicia agradece a compresión cidadá ante esta nova actuación pois, tal e como recolle o acordo asinado esta mañá, o proxecto do novo Centro de Protonterapia de Galicia representa unha gran mellora social a nivel sanitario para o conxunto da poboación da nosa comunidade.

R., 2024-01-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES