
No que atinxe ás temperaturas, a anomalía media da temperatura para este mes, obtida a partir dos datos rexistrados en 11 estacións meteorolóxicas representativas, foi 1,9 graos superior ao valor normal climatolóxico, o que fai que xaneiro poida considerarse como extremadamente cálido. De feito, o pasado mes ocupa a segunda posición na serie histórica 1961-2024, tendo como único precedente máis cálido o mes de xaneiro de 1966.
Máis polo miúdo, o valor medio da temperatura máxima foi de 12,5 graos e no caso da mínima foi de 5,2 graos. Os índices máis altos entre 15 e 15,5 graos- rexistráronse nas comarcas costeiras do Baixo Miño, golfo Ártabro e Mariña lucense e os máis baixos -entre 1,5 e 2,4 grados- foron nas zonas montañosas de Ourense.
Da análise das precipitacións conclúese que xaneiro foi un mes normal xa que as sucesivas borrascas dos primeiros día do ano, como Henk, Hipólito ou Irene, deixaron cantidades apreciables e de xeito moi xeneralizado. Así, a precipitación media acumulada foi de 179 l/m2, un 5% superior ao valor climático normal.
En canto á distribución das chuvias, os valores máis altos concentráronse nas serras litorais -entre 300 e 360 l/m2- mentres que os máis baixos se rexistraron no canón do Sil, no sur de Lugo e en puntos da comarca da Coruña.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.