
Esta edición, encabezada por nomes como La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Ginebras, Álvaro de Luna ou Rayden, é unha gran aposta da organización para tratar de cambiar a tendencia da propia industria musical, apostando por un forte protagonismo das bandas lideradas e formadas por mulleres como cabezas de cartel. Tamén destaca a presenza dos principais nomes da escena galega, como son Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela ou The Rapants, encabezados pola punta de lanza deste auxe que está a vivir o panorama galego como son Tanxugueiras. A todos estes nomes súmanse os de ChefSpecial, La La Love You, Anabel Lee, Cool Nenas, Emlan, Gilipojazz, Inés Hernand, La Élite, Morochos, Mr. Kilombo, Muerdo, Sexy Zebras e Travis Birds. mantendo así a tendencia do festival de ser un altofalante para coñecer novas propostas musicais tamén nesta 21a edición.
Co cartel, o festival activa tamén a venda de abonos, que estará dispoñible a partir deste xoves 1 de febreiro ás 12 da mañá dende a web do festival, www.sonriasbaixas.info, e a través de Enterticket.es. Os 500 primeiros compradores poderán obter as súas entradas por 45 máis gastos de xestión.
Como adianto ao que será esta nova edición do SonRías Baixas, o festival confirma que manterá os seus xa característicos dous escenarios, evitando solapar concertos e buscando que todo o mundo poida gozar e coñecer todas as propostas musicais programadas. Ademais, manteñen os prezos de venda de anteriores edicións, lanzando consigo unha promoción de precarga de pulseiras cashless polo cal se á hora de comprar o teu abono cargas a túa pulseira para consumir no festival, recibirás a maiores un 10% do cargado de balde. Por último, avanzan que proximamente darán a coñecer os detalles da acampada, que estará situada a escasos 150 metros do propio festival e da praia.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.