Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

Cúmprense 25 anos da Declaración do Camiño Francés en España, que son lembrados durante estes días pola mostra 'Fotos dos XXV anos da Declaración do Camiño Francés en España'. Nela pode observarse a destacable presenza que ten Galicia na selecta lista do Patrimonio Mundial, coa Muralla de Lugo, a Torre de Hércules e os Camiños do Norte. Ademáis, hai soamente dúas semanas a Pedra Seca incorporábase ao Patrimonio Cultural da Humanidade e, agora mesmo, están en marcha tres candidaturas: a Ribeira Sacra, as Cíes-Illas Atlánticas e O Ferrol da Ilustración, ademais da celebración neste 2018 do Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
Os Premios do Comercio Galego 2018 distinguen os establecementos a nivel provincial e autonómico que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto. Para iso, valórase a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web e as redes sociais como canles de comunicación e venda e a integración entre as canles online e offline.
Na X edición do Premio de Educación para o Desenvolvemento 'Vicente Ferrer' foron galardoados o IES Terras de Trasancos de Narón (A Coruña), por un proxecto titulado 'Árbore de Trasancos' e o CPI do Toural de Vilaboa (Pontevedra), polo proxecto titulado 'Mellores persoas para o mundo'. Este premio recoñece cada ano a quince centros docentes públicos pola realización de accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinadas a sensibilizar, concienciar e desenvolver o espírito crítico.
A Fundación Cidade da Cultura presentou un avance da súa programación de inverno, na que os nenos e nenas terán un papel destacado, especialmente nos meses do Nadal. Obradoiros creativos, cinema e unha grande árbore de Nadal para decorar en común sobresaen entre as actividades se poderán gozar no Gaiás. O Museo Centro Gaiás transformarase nunha auténtica Cidade do Nadal que abrirá as súas portas na tarde do 14 de decembro co acendido das luces que este ano iluminarán tanto o interior do museo como o exterior do Gaiás.
O Servizo Galego de Saúde convocará un total de 1.400 prazas na súa oferta pública de emprego de persoal estatutario deste ano. Nesta convocatoria de oferta pública de emprego esgótase a taxa de reposición do 100%. Destas prazas, 512 corresponden a licenciados sanitarios e delas 116 destínanse a atención primaria, nas categorías de médicos de familia, pediatría e odontoloxía. Tamén se convocan prazas de especialistas para enfermería, cun total de 86 postos para enfermería familiar e comunitaria, enfermería pediátrica, enfermería de saúde mental e enfermería obstétrico-xinecolóxica.
O proxecto Geoatlantic continua coas súas accións de divulgación da importancia do uso das enerxías renovables e do consumo responsable na cidade de Ourense. Nesta ocasión, a Concellería de Promoción económica presentou os traballos de tres centros educativos de Ourense (CEIP Seixalbo, CEIP A Ponche, e Concepción Arenal) no desenvolvemento de guías para ensinar e sensibilizar sobre o consumo enerxético e a necesidade de apostar pola enerxía renovable, en especial pola enerxía xeotérmica.
Galicia é a comunidade máis solidaria de España, con máis de 7.700 voluntarios activos, un 35% máis que en 2016; dos cales seis de cada dez son mulleres e máis das tres cuartas partes son menores de 20 anos. Galicia é, ademais, a única comunidade autónoma e a única rexión europea que certifica a acción voluntaria. O voluntariado galego está a responder ás necesidades específicas da Comunidade a través, por exemplo, do programa de acompañamento a persoas maiores de 65 anos que viven soas; e do desenvolvemento dun programa de voluntariado para a prevención e a concienciación nas zonas máis afectadas pola lacra dos incendios forestais.
A Xunta de Galicia celebrará o décimo oitavo aniversario da declaración por parte da Unesco da Muralla Romana de Lugo como Patrimonio da Humanidade cunha mesa redonda no salón de actos da Delegación Territorial e unha exposición con paneis que describen de maneira gráfica as actuacións realizadas nos últimos anos e as propostas que se van desenvolver nos próximos meses. Coincide esta celebración coa do Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
En Galicia xéranse un total de 54.000 toneladas ao ano deste tipo de residuos, o que supón unha media de 20 quilos de residuos por persoa. Gran parte dos mesmos, poderían regresar ao ciclo produtivo aplicando un programa de preparación para a reutilización que contemple a súa comprobación, limpeza e reparación, de xeito que se permita a reutilización destes elementos sen ningunha outra transformación previa. Na actualidade, o sector de xestión de residuos representa un 27% do total catalogado coma Emprego Verde. Estímase que unhas 1.000 toneladas de RAEE xeren uns 200 postos de traballo na procura da súa preparación para a reutilización.
A Cidade da Cultura de Galicia celebrou hoxe a primeira edición de Contornos e contornas. Unha visión transdisciplinar sobre a arquitectura, na que profesionais da arquitectura, psicoloxía e pedagoxía procuraron crear un clima de reflexión e de propostas en común sobre accións e medidas a executar nos recintos educativos para mellorar a habitabilidade, benestar e o clima de aprendizaxe, tirando proveito dos respectivos coñecementos destas disciplinas. Nesta primeira edición, o obxecto de análise son os recintos educativos, coa intención de acadar un clima de reflexión conxunta entre profesionais da arquitectura e as ciencias sociais.
| 151,1  de  391 | Siguiente »

Notas sociedad

Ha tenido lugar la reunión de la Junta de Cofradías, presidida por el Obispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco, para preparar las próximas celebraciones de Semana Santa.
Presentouse en Vigo a programación do Parque Nacional para este ano con actividades do proxecto Starlight, que inclúen tamén visitas guiadas en familia, observación do ceo nocturno con asociacións de astrónomos ou contacontos para os máis pequenos. Ademais, o Parque manterá os seus servizos habituais de rutas guiadas, actividades de snórquel ou kaiak, obradoiros divulgativos, formación ou concursos. O obxectivo é superar este ano os 400.000 visitantes que se achegaron ao Parque en 2015.
Durante a inauguración da feira Xantar, presentouse a iniciativa Smart Camiño que avoga por seguir apostando pola calidade e a diversificación para consolidar a marca Galicia como destino único e chegar aos 5 millóns de visitantes este ano. Considérase a gastronomía como un dos elos da cadea que permite que Galicia sexa un destino turístico en voga.
Este monumento albergará un Centro de Interpretación do propio Castelo. O Castelo de Pambre convértese nun novo referente na Ruta Xacobea tras a súa rehabilitación e o remate das obras e das actuacións complementarias nas que Turismo de Galicia investiu máis de 2 millóns de euros.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia lembra que o día 8 de febreiro pecha o prazo de inscrición nas probas de acreditación da lingua galega coñecidas como CELGA, e que os exames celebraranse os días 2, 3, 9 e 10 de abril de 2016 en Santiago de Compostela e Ponferrada (León), dado o notable interese pola lingua galega que existe nesta zona.
O sábado, 30 de xaneiro, clausúrase a XLIV edición de O Nadal de Begonte co peche das visitas ao Belén Electrónico e ao Museo do Belén, e coa entrega de premios dos distintos certames convocados.
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2016, celébrase en Expourense desde o mércores, día 3 de febreiro, ata o domingo día 7, e trátase do único certame internacional celebrado en España dedicado conxuntamente ao turismo e a gastronomía. México é o país convidado da edición de 2016.
Dentro dos actos previstos para celebrar o cincuentenario de Aspnais, máis de douscentos destacados lucenses van participar nestas actividades, dando a súa visión da traxectoria e realidade desta institución.
O xurado destacou a afinidade do deseño coa troula e a espontaneidade da festa, así como a expresividade dos rostros que conforman a comparsa. Ao Concurso de Carteis presentáronse un total de 84 propostas e a cidade recupera o tradicional Entroido desde o 5 de febreiro.
O Consorcio de Santiago celebrou a Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Ademáis de varios convenios culturais, deuse luz verde ás bases de acceso ao curso de posgrao da Escola de Altos Estudos Musicais para o curso académico 2016-2017.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES