
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, asistiron á entrega da X edición do Premio de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer
Jesús Gamallo asistiu á entrega de premios, onde foron galardoados o IES Terras de Trasancos de Narón (A Coruña), por un proxecto titulado Árbore de Trasancos e o CPI do Toural de Vilaboa (Pontevedra), polo proxecto titulado Mellores persoas para o mundo. Segundo indicou, co premio outorgado ambos centros que deixan patente o seu compromiso coa educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.
O acto, celebrado en Madrid, estivo organizado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e estivo presidido pola directora da AECID, Aina Calvo.
Cada ano, os premios Vicente Ferrer recoñecen a quince centros docentes públicos pola realización de accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinadas a sensibilizar, concienciar e desenvolver o espírito crítico. Ademais de para fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e co desenvolvemento humano e sostible.
O premio é de carácter formativo e consiste nunha viaxe de dous docentes de cada un dos centros premiados á República Dominicana para participar no Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento que se celebrou entre o 24 de novembro e o 2 de decembro pasados na República Dominicana baixo o auspicio da AECID.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.