
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, lembrou hoxe que Galicia é a comunidade máis solidaria de España, con máis de 7.700 voluntarios activos, un 35% máis que en 2016; dos cales seis de cada dez son mulleres e máis das tres cuartas partes son menores de 20 anos.
Durante a inauguración do XX Congreso Estatal de Voluntariado 2018, Feijóo destacou e agradeceu a vocación de servir aos demais e de poñer todo o voso empeño para facer unha Galicia e unha España mellor.
Conscientes de que a suma de accións benéficas, por pequenas que parezan por separado, é capaz de cambiar o mundo, o titular do Executivo autonómico referiuse ás iniciativas postas en marcha pola Xunta para fomentar o espírito voluntario desde moi novos, entre as que destacou: a publicación do libro Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias, destinado a nenos de infantil e primaria; e a introdución no currículo de secundaria a materia de Voluntariado, que xa se imparte en dous centros educativos galegos o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa e o Colexio Divina Pastora de Ourense-, aos que esperamos que nos vindeiros cursos se sumen outros institutos.
Así mesmo, salientou que o voluntariado galego está a responder ás necesidades específicas da Comunidade a través, por exemplo, do programa de acompañamento a persoas maiores de 65 anos que viven soas; e do desenvolvemento dun programa de voluntariado para a prevención e a concienciación nas zonas máis afectadas pola lacra dos incendios forestais.
Feijóo concluíu subliñando que Galicia é, ademais, a única comunidade autónoma e a única rexión europea que certifica a acción voluntaria. E agradeceu o labor dos comités científico, técnico e de expertos deste congreso, integrado pola Plataforma do Voluntariado de España, as tres universidades galegas e entidades sociais.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.