
O alumnado, convertido na Rede de Voluntarios Enerxéticos, desenvolveu un traballo baseado nunha metodoloxía nova, que parte de que os propios alumnos investigan os riscos do mal uso da enerxía e descobren cales deben ser as medidas para tomar. Ademais, o alumnado preparou un catálogo de boas prácticas e recomendacións para que outros centros educativos poidan tomar medidas. Estas recomendacións tamén serven para outros edificios públicos e vivendas privadas e en xeral para todos os cidadáns que queiran e aposten pola sensibilización ambiental e enerxética.
Para Jorge Pumar, concelleiro de Promoción Económica, esta acción axuda a que as novas xeracións sexan conscientes do potencial enerxético que temos aos nosos pés, elemento crave para o desenvolvemento presente e futuro da nosa cidade.
Geoatlantic é un proxecto liderado desde o Concello de Ourense que busca promover o uso da enerxía xeotérmica nas comunidades europeas, en especial Ourense, por medio do desenvolvemento conxunto de ferramentas e metodoloxías para favorecer a transición enerxética no Espazo Atlántico a través da posta en marcha de ecosistemas locais favorables, para o impulso dos recursos xeotérmicos locais.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.